Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O PSOE de Nigrán sumarase á moción do BNG para restituir o servizo de ambulancias do 061

O PSOE de Nigrán sumarase á moción do BNG para restituir o servizo de ambulancias do 061

Correo-e Imprimir PDF
O Val Miñor só disporá dunha ambulancia durante media xornada

O PSOE de Nigrán manifestou hoxe que apoiará a moción que presentará o BNG de Nigrán no próximo Pleno Ordinario do mes de setembro en contra da desmantelación do servizo do 061 no Val Miñor. A portavoz municipal de sanidade do PSOE de Nigrán, Rosa Vilán, manifestou nun comunicado que o seu grupo trasladará á mesma peitición aos seus representantes no Parlamento Galego.

As críticas dos socialistas de Nigrán súmanse á denuncia do BNG comarcal e os sindicatos que o pasado día 11 de agosto advertiron un recorte de cinco ambulancias do 061, que son as que se encargan de atender as urxencias, os accidentes, infartos... en toda Galicia. Recortes que afectarían a Baiona, Ponteareas, Marín, Vigo e a Mariña lucense.

Rosa Vilán manifestou no seu comunicado que "si fai un ano a Xunta desmantelou o Centro Informático do Centro de Nigrán deixando a este concello sen un servizo conseguido durante o goberno de Emilio Pérez Touriño; se a principios do ano 2011 sufrimos o drástico recorte por parte do PP de Galicia nos Grupos de Intervención Rápida (GRUMIR) que fai que unha poboación de 40.000 habitantes en inverno e de casi 100.000 en época estival estea absolutamente desprotexida de calquer incendio, accidente ou catástrofe agora veñen a atacar ao estado de benestar por excelencia cun inadmisible recorte que vai supor que os cidadáns de Nigrán e o Val Miñor, un moi amplo territorio e con moitísima poboación soio dispoña dunha Ambulancia do 061 para todo o ano."

Os socialistas manifestan que apoiarán sen condicións a proposta do BNG no próximo mes de setembro e denunciarán "a situación de desamparo do municipio" ante o Parlamento de Galicia. A portavoz  socialista critica así "o desprecio e indiferencia do Acalde de Nigrán" ante este asunto e convida a Alberto Valverde a que "defenda os intereses dos seus veciños ante administración" por estas decisións que sonsideran "secciona os dereitos básicos dos cidadáns".

A decisión da Xunta de Galicia de eliminar un turno de ambulancias do 061 de Baiona afectará a todo o Val Miñor, que a paritir do mes de setembro só disporá dunha soa ambulancia nun turno de 12 horas.

Os traballadores so servizo do 061 porán en marcha a próxima semán movilizacións nos concellos afectados, e os sindicatos planean unha folga xeral indefinida en toda Galicia para setembro se non restablecen os servizos.

A primeira concentración terá lugar na praza do concello de Baiona o martes 23 de agosto ás 12h. O día 24 á mesma hora tera lugar outra concentración en Ponteareas. A mobilización no concello de Marín ainda non ten data fixada.