Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona O alcalde de Baiona defende a retirada do servizo nocturno da ambulancia 061 con base en Sabarís.

O alcalde de Baiona defende a retirada do servizo nocturno da ambulancia 061 con base en Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF
O alcalde Almuíña defende por razoes económias a suspensión da quenda nocturna da ambulancia de Sabarís.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña defende a supresión do servizo nocturno que entre luns e xoves presta a ambulancia do 061 con base en Sabarís, previsto a partir do vindeiro 10 de setembro pola  Consellaría de Sanidade.  Mediante un comunicado publicado na web do Concello, o rexedor afirma que a medida contempla unha necesidade de racionalización en momentos de grave crise económica. Nembargante, no mesmo escrito Almuíña afirma que “exigirá ante quien corresponda una respuesta rápida ante la llamada de cualquier vecino que necesite el servicio de una ambulancia”.

O alcalde tamén rexeita  “comunicaciones malintencionadas y alarmistas que estos días están siendo entregados a la ciudadanía, en una afán de distorsionar la realidad y buscando el conflicto por medio de panfletos de autoría desconocida.” Asegura que aqueles que non apoian a medida de “racionalización” polas súas actitudes se deprende que “ prefieren que quiebre el sistema”.

Finalmente, o rexedor baionés baseándose no informe remitido polo 061, manifesta que a proximidade do centro médico da Xunqueira (Nigrán) “hace posible la reducción de una ambulancia en horario nocturno en el Val Miñor de lunes a jueves, restableciendo el servicio durante los fines de semana de todo el año.”