Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona Sanidade denuncia "sabotaxes" e "pinchazos" durante a folga dos servizos de emerxencia en Baiona.

Sanidade denuncia "sabotaxes" e "pinchazos" durante a folga dos servizos de emerxencia en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
ambulancias-manifestacion-baiona

A Consellaría de Sanidade denuncia "pinchazos" e sabotaxe á ambulancia que debía cubrir o servizo mínimo con base na parroquia de Sabarís, Baiona, durante a folga de 24 horas desenvolvida hoxe no sector. A autoridade sanitaria a través dun comunicado público afirmou que a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 garantiu a cobertura sanitaria en toda a autonomía "lamenta os incidentes ocorridos a pasada noite durante a xornada de folga." Contrariamente, un comunicado dos traballadores nucleados na CIG, cualificou de "éxito" a xornada de folga en protesta contra os recortes no servizo de transporte sanitario urxente decretados pola Xunta, na que descartou coñecer incidentes.

"No caso de Baiona, os incidentes comezaron incluso antes da xornada de folga", afirman dende Sanidade. O ente sinala que a ambulancia con base na parroquia de Sabarís permaneceu "inoperativa" durante a mañá de onte, mércores día 7, "pola reiteración dos pinchazos." Os actos, segundo a fonte autonómica repetíronse en Ponteareas e Redondela "sabotaxes ocorridas durante a noite, que dificultaron o cumprimento dos servizos mínimos nas ambulancias de urxencias establecidos polo 061." Os actos máis frecuentes foron pinchazos ás rodas das ambulancias e pintadas nos vehículos.

A mesma fonte, tras sinalar que en Foz e Ponteareas os seguimento da folga non foi dun 100%, agrega que por outra banda," as ambulancias de Baiona e Marín que tampouco estaban de servizos mínimos durante a pasada noite, secundaron a folga, non prestando servizo a partires das 12 da noite."

A CIG manifestou no transcurso da xornada que a folga foi un éxito "a pesar dos abusivos servizos mínimos estabelecidos pola Consellaría de Sanidade, que marcou a actividade do 100% na atención urxente do 061 e no servizo de diálise e oncolóxico e dun 50% nos traslados inter e intrahospitalarios. O paro, que se desenvolve sen incidentes, está secundado pola práctica totalidade dos traballadores/as non destinados a servizos mínimos", sinala no comunicado.

A medida sindical tomouse hai unhas semanas cando a Consellaría de Sanidade anunciaba os primeiros axustes na atención urxente prestada a través do 061, efectivos a partir do sábado 10 de setembro: desaparición dunha ambulancia en Foz, supresión do servizo nocturno en Ponteareas, Baiona e Marín e eliminación da actividade nocturna as fin de semana dun dos vehículos de Vigo.