Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Aprobadas as reformas e o regulamento da piscina mancomunada do Val Miñor.

Aprobadas as reformas e o regulamento da piscina mancomunada do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Foi aprobada a reforma da piscina mancomunada do Val Miñor

A Mancomunidade do Val Miñor celebrou hoxe sesión ordinaria con dous puntos na orde do día. Ambas as cuestións referidas á Piscina Mancomunada. O pleno deu o visto e prace e autorizou por unanimidade a realización de obras de modificación de saídas de urxencia das citadas instalacións para adaptalas á normativa vixente.

Os votos favorables á execución da obra están avaladas por un informe do técnico municipal, que sinala que desde o punto de vista urbanístico; non existe inconveniente algún para realizar as obras, consistentes na demolición da escaleira, reforma do espazo de ximnasio e redistribución de percorridos de evacuación así como o funcionamento das saídas de urxencia.

Na mesma sesión plenaria aprobouse tamén por unanimidade o novo Regulamento de Réxime Interior das instalacións deportivas. Así como as normas de funcionamento, de usos, disciplinarias e de seguridade, así como as consecuencias do seu incumprimento.

Estes foron os únicos asuntos votados esta mañá polos representantes da mancomunidade, ao non alcanzar a condición de urxentes na votación, sendas mocións presentadas polo BNG e o PSOE, referidas ao Grupo Operativo de Emerxencias; ao conflito que se vive no seo da Confraría de Baiona e á instalación dunha marquesina en Nigrán.