Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro organiza unhas xornadas sobre o aproveitamento dos montes veciñais

A plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro organiza unhas xornadas sobre o aproveitamento dos montes veciñais

Correo-e Imprimir PDF
A plataforma pola defensa do Galiñeiro continúa coas súas actividades de divulgación e posta en valor

{plusone}O plataforma social "Pola Protección da Serra do Galiñeiro" organiza para os vindeiros días 28, 29 e 30 de outubro as "Xornadas sobre o aproveitamenteo multidioncional dos montes veciñais", que terán lugar no Centro Cultural de Vincios (Gondomar, Pontevedra).

A serra do Galiñeiro, lugar senlleiro e de gran significado nas bisbarras do Val Miñor, Vigo, A Louriña, O Baixo Miño e O Morrazo, acollerá unha vez mais, unha actividade social aberta ao público en xeral, a técnicos forestais e ás comunidades de montes.

A plataforma considera que o esforzo adicado nos últimos decenios á explotación do monte unicamente para a obtención de madeiras de rápido crecemento causou un empobrecemento dos solos e unha perda alarmante Diversidade Biolóxica ademáis de facilitar os incendios. A plataforma considera que "son imprescindibles as iniciativas que tendan a restaurar e recuperar ambientalmente o monte e é necesaria a súa posta en valor considerando a diversificación das súa produción."

Nestas xornadas haberá visitas guiadas os días 28 e 30, que se presenta como unha oportunidade para amosar diversos traballos que neste eido se están a desenvolver na serra por parte dos organizadores.

O día 29 á tardiña terá lugar unha presentación e unha posterior mesa redonde para achegar o debate sobre "outro modelo de xestión dos nosos montes".

Dende a plataforma convidan a todos os interesados neste tema a participar nestas xornadas.

Máis información e contacto na web da plataforma en www.serradogalinheiro.org