Domingo, 8 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Asemblea aberta en Pinzás contra o perigo de espolio da Serra da Groba.

Asemblea aberta en Pinzás contra o perigo de espolio da Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF
Burato-dos-Mouros-01

-O vindeiro venres 26 de abril, ás 19:30 horas no local da Comunidade de Montes de Pinzás, Tomiño, terá lugar unha asemblea aberta convocada polo colectivo SOS GROBA.

A Asociación SOS GROBA convoca para este venres 26 de abril ás 19:30 horas unha asemblea aberta a toda a cidadanía para estudar medidas a prol de defender a Serra da Groba de posibles intervencións mineiras. Ante os recentes anuncios da Xunta de Galicia favorables a autorizar o desenvolvemento de diversos proxectos mineiros "sustentables" das empresas multinacionais, o colectivo entende que o enclave representa un "tesouro que hai que protexer".

"Desta vez xuntámonos en Pinzás, na cara leste da Groba, xusto nun dos lugares nos que aos perigos xa coñecidos e que deron lugar ao nacemento de SOS GROBA como movemento cidadán aberto de defensa da serra e os seus valores, hai que sumar un máis que é o da pretendida explotación dos filóns auríferos que se estenden por toda a serra, destruíndo parte do patrimonio natural, os nacentes e fontes de auga e a contaminación xeral da zona", argumenta o profesor Xilberte Manso, voceiro do colectivo.

Os convocantes esperan unha ampla concorrencia de cidadáns e colectivos. "Xuntos podemos. Xuntos imos parar a desfeita do noso territorio e o seu espolio", sinala a misiva dos organizadores, a que está a ser espallada en correos electrónicos e nas redes sociais dende mediados da pasada semana.