Domingo, 17 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Economía O IGME investigou a mina de ouro de Pinzás con catas ilegais

O IGME investigou a mina de ouro de Pinzás con catas ilegais

Correo-e Imprimir PDF
Mina do Burato dos Mouros

A explotación de ouro que pretende sondear na parroquia de Pinzás no linde con Gondomar, o consorcio anglo-canadiano Medgold xa foi investigada a finais dos anos oitenta polo ITGE, actual IGME --Instituto Geológico y Minero de España-- nun estudo no que realizaron excavacións non autorizadas xa que incluiron parte da mina romana que alí se atopa e que aparece no Catálogo de Xacementos de Patrimonio Arqueolóxico da Xunta.

De feito, Medgold sinalou que o seu interese nesta zona débese, en parte, a estes estudos. Por iso, en 2005 procedeu a recoller 21 mostras de rocha nas áreas para as que lle foron concedidos tres permisos de exploración.

Impacto
As investigacións do ITGE realizaronse nunha zona que abarca uns 550 metros de longo e 60-890 metros de ancho e remexeron unha pequena parte do xacemento romano. A súa extensión é de máis de 1,3 quilómetros, aínda que hoxe só menos da metade está protexido. Segundo informa o blog especializado en xeoloxía Aterrageo; as excavacións realizadas na zona "alteraron" a configuración orixinal da mina romana. Ademais, apunta que, aínda que os restos de minería antiga constituíron o "indicio principal" da investigación mineira, este organismo "non avisou a Patrimonio do que atopara".

Para avaliar o interese mineiro da zona, o ITGE escavou no seu día gabias e camiños ao longo dos labores romanos e estas gabias alteraron a configuración orixinal da mina. Hoxe aínda se poden ver as plataformas das perforacións e mesmo as propias perforacións. Con todo, e a pesares destas irregularidades, descubriuse como era a mina romana. Consistía nunha serie de gabias escavadas seguindo os filóns mineralizados por arsenopirita e calcopirita con ouro. De feito, no seu conxunto, a mina non é máis que un armazón de gabias -máis ou menos paralelas- seguindo estes filóns.

"Oro libre"
"Os informes mineiros foron no seu día secretos e aínda o son en parte e cando se fixeron públicos, pois claro, o contido xa estaba esquecido", apunta este blog. Con todo, no informe que fixo o ITSE destácase a importancia aurífera da zona e recolle que "la meteorización de los filones aumenta concentración de oro en el yacimiento y además hace que se muestre como oro libre, facilitando su concentración y beneficio". 

Información aportada polo medio colaborador galciaconfidencial.com