Mércores, 13 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Economía Veciños de Tomiño e o Val Miñor mobilízanse contra os proxectos mineiros na serra da Groba cunha xeira divulgativa: “Toponimia, Ouro e Morte”.

Veciños de Tomiño e o Val Miñor mobilízanse contra os proxectos mineiros na serra da Groba cunha xeira divulgativa: “Toponimia, Ouro e Morte”.

Correo-e Imprimir PDF
Burato-dos-Mouros-google

-Co apoio do Concello de Tomiño, a Federación de Asociacións de Tomiño e o Instituto de Estudos Miñoranos os veciños de Pinzás organizan unha andaina o vindeiro sábado polo monte e terras da parroquia en rexeitamento aos proxectos mineiros a ceo aberto a estudo na Xunta de Galicia.
O vindeiro sábado día 1 de xuño de 2013, terá lugar a xeira divulgativa "Pinzás: Toponimia, Ouro e Morte", na que se percorrerá a aldea e montes de Pinzás (Tomiño) coa guía do arqueólogo Xosé Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos. O punto de encontro será ás 10 horas na Casa do Pobo de Pinzás onde terá lugar un coloquio previo á andaina. Posteriormente sairase ao monte, onde terá lugar un xantar, levando cadansúa comida.

Dende o IEM sinalan ca fin desta actividade non é outra que por en valor a riqueza patrimonial, etnográfica, cultural e natural que agocha este enclave na Serra da Groba, e que na actualidade atópase ameazado por diversos proxectos de minería a ceo aberto a estudo da Xunta de Galicia. O Instituto de Estudos Miñoranos responde así ao chamado da Asociación de Veciños de Pinzás, mobilizados polo impacto destas intervencións na súa contorna, á vez que dá cumprimento aos obxectivos sinalados na súa Carta Fundacional, nomeadamente no que respecta a:
-Divulgar a cultura e, en xeral, todo o referente ó patrimonio natural, histórico, artístico, arquitectónico, etnográfico, lingüístico, etc dos tres concellos do Val Miñor.
-Promover a realización de estudos de todo tipo sobre os ámbitos sinalados.
-Impulsar calquera actividade encamiñada á divulgación destes aspectos.
-Fomentar a conservación e respecto polo patrimonio miñorano como un ben económico e cultural actual
A actividade está organizada pola Asociación de Veciños de Pinzás e conta coa colaboración do IEM, a Federación de Asociacións de Tomiño e o Concello de Tomiño.