Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor AGE pide a extensión do Parque Natural do Monte Aloia para protexer o Galiñeiro da minaría

AGE pide a extensión do Parque Natural do Monte Aloia para protexer o Galiñeiro da minaría

Correo-e Imprimir PDF
AGE pide a ampliación do Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal da Serra do Galiñeiro

A deputada de AGE Chelo Martínez presentou este mércores no Parlamento unha proposición non de lei para ampliar o Parque Natural do Monte Aloia a todo o cordal da Serra do Galiñeiro para protexer este espazo, que nos últimos tempos está ameazado por varios proxectos de extracción de minerais raros. 

Chelo Martínez lembrou que en outubro de 2012 a multinacional sudafricana, Umbono Capital, solicitoulle á Xunta a autorización para facer catas nunha superficie de 100.000 metros cadrados, co obxecto de buscar minerais raros utilizados na fabricación de compoñentes relacionados coa electrónica ou coa telefonía móbil. A deputada afirma que as consecuencias derivadas de autorizar nun futuro próximo na Serra do Galiñeiro calquera tipo de minería, neste caso a ceo aberto, "poden ser catastróficas e de consecuencias irreparables, ademais ter unha nula rendabilidade social ou económica para a zona, beneficiando só á empresa extractora".

Para AGE o proxecto mineiro suporía "a desaparición física da propia Serra do Galiñeiro", e con elas todos os seus valores: "dende os paisaxísticos, patrimoniais, culturais, etnográficos, medioambientais, á auga que beben miles de veciñas e veciños, vivendas e barrios afectados".

Dim lights Embed Embed this video on your site