Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O PP rexeita a extensión do Parque Natural do Monte Aloia solicitada por AGE para protexer o Galiñeiro da minaría.

O PP rexeita a extensión do Parque Natural do Monte Aloia solicitada por AGE para protexer o Galiñeiro da minaría.

Correo-e Imprimir PDF
vigo-cumbre

O pasado mércores o Parlamento Galego rexeitou a proposta do Grupo Parlamentar de AGE, presentada no Pleno pola parlamentaria Chelo Martínez, sobre a intención do goberno da Xunta de autorizar a minaría a ceo aberto para a extracción de minerais raros na devandita serra. A proposición foi rexeitada cos votos do PP fronte ao apoio de todos os grupos da oposición.

 

ANOVA Val Miñor denuncia a falla de interese "que este partido ten polo Medio Ambiente: alí onde a cidadanía ve riqueza e patrimonio natural, histórico, medioambiental, etc, o PP só ve negocio e privatización se importarlle a obriga de protexer o ben común como legado para as xeracións futuras".

Nun comunicado emitido este sábado, ANOVA pregúntase "Que dirán agora o Alcalde de Gondomar e o PP ao respecto desta actitude dos seus "xefes" políticos cando eles si votaron a prol da mesma iniciativa no Pleno de Gondomar hai un par de meses?".

Dende ANOVA sinalan que esixirán ao alcalde Fernando Guitián "que se poña ao lado dos veciños e que esixa con enerxía da Xunta a prohibición da minería na Serra do Galiñeiro".