Luns, 9 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Apoio total da Xunta aos proxectos mineiros

Apoio total da Xunta aos proxectos mineiros

Correo-e Imprimir PDF
Conselleiro de Industria e o Presidente da Xunta - Xunta.es

O conselleiro de Industria di que non renunciará a proxectos mineiros "sustentables" das empresas multinacionais porque crean emprego. A oposición denuncia que "regala" o país.

A Xunta está disposta a ir ata o final no seu apoio ás empresas multinacionais que queren instalarse en Galicia para explotar supostas minas de ouro. Neste sentido, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, proclamou este martes que a Xunta non renunciará aos proxectos mineiros en marcha porque xeran emprego e riqueza e son "sustentables" desde o punto de vista ambiental. "Se un proxecto é innovador, seguro e xera emprego, o Goberno galego ten a responsabilidade de apoialo", dixo.

Actualmente, a empresa canadiana Edwater xa ten proxectado un gran complexo mineiro en Corcoesto. Tamén hai outros proxectos en fase inicial, tamén de empresas con capital canadiano, en Pinzás, Tomiño, e en Valdeorras, preto da reserva da biosfera do río Eo, Os Oscos e terras de Burón.

Nunha comparecencia a petición propia no pleno do Parlamento para explicar os obxectivos da lexislatura, o conselleiro dixo que, en todo caso, a Xunta será "absolutamente rigorosa" no cumprimento da normativa para autorizar as explotacións mineiras.

"Claro no apoio"

Sen embargo, foi moi claro sobre os supostos efectos ambientais que estos complexos causarán; "a Xunta non prexulgará os efectos ambientais, senón que se aterá aos requirimentos legais". "Creo que non enganamos a ninguén. Non podo ser máis claro no apoio a todos os proxectos que xeren riqueza, empregos, que estean baseados no respecto ao medio ambiente, que sexan sustentables e garantan a seguridade dos cidadáns", asegurou.

En fronte, os grupos da oposición recrimináronlle que o Goberno galego permita que Galicia se regale" para explotacións de empresas estranxeiras e referiuse a proxectos como o de Corcoesto, que é "contaminante". Ademais, criticaron a intervención do conselleiro sobre os obxectivos para este catro anos e pedíronlle que atenda aos problemas concretos das empresas como Pescanova ou Caramelo.

Non importan os criterios ambientais

Pero Conde insistiu no emprego para xustificar calquera tipo de argumento, mesmo, a posibilidade que amplas zonas de Galicia acaben contaminadas de por vida e sen posibilidade de xerar ningún tipo de emprego unha vez que as multinacionis marchen de Galicia. "A Xunta logrou salvar miles de postos" noutras compañías como Clesa, Vulcano ou Alcoa. Seguiremos acompañando ás empresas nas súas necesidades", dixo.

Información recollida polo medio colaborador Galicia Confidencial