{plusone}Baiona e Gondomar volveron a repetir o pesadelo das inundacións coa chegada das primeiras choivas de outono. Gondomar foi o concello máis afectado polas inundacións afectando non só pola crecida dos ríos se non polas augas de escorrentía en zonas como San Cibrán.
Veciños dos dous concellos non dubidan en sinalar como a causa do problema a falta de dragado dos ríos e o abandono progresivo do monte.
A gan cantidade de maleza arrastrada polo río Groba e a pouca altura das pontes que o atravesan provocaron que se formasen diques que propiciaron o desbordamento do río á altura do colexio e a praza de abastos.
Os veciños de Sabarís e Gondomar apenas durmen estes días despois de que se activase o martes a alerta laranxa por choivas nas zonas de costa de Galicia. O motivo deste mal durmir son as contínuas inundacións que padecen as vivendas e baixos comerciais situados nas cercanías dos ríos Miñor e Groba, e o precedente sentado polas inundacións do ano 2006 depois da vaga de lumes que deixaron os montes da comarca sen unha cuberta que sustentase as terras.
Pero finalmente os malos agoiros cumpríronse e ás 16 horas de onte rexistrouse un forte aguaceiro que deixou 113 litros por metro cadrado en tan só 2 horas según os datos da estación meterolóxica de Oia. As consecuencias fixéronse visibles rápidamente nos concellos de Gondomar e Baiona onde o desbordamentos dos ríos e as augas de escorrentía provocaron imporantes danos en vivendas, coches e baixos comerciais.
Sabarís volver a cubrirse de auga, barro e árbores caídas.
Pese a que no ano 2007 finalizaron as obras de mellora dos muros de contención do río Groba ao seu paso pola parroquia de Sabarís, así como a mellora do "bypass" realizado na desembocadura do río coa Foz do Miñor, o problema deste ano non estivo ligado directamente á capacidade de desaloxar auga nesa desembocadura se non aos restos de ramallos arrastrados dende o monte polo río, que provocaron o entullamento dos arcos das pontes impedindo o paso da auga. O río Groba volveu a desbordar á altura do Colexio de Sabarís e as casas contiguas ata o mercado volveron a padecer as consecuencias dos desastrosos danos das inundaciósn de 2006. Varios coches aparcados na parte traseiras das antigas vivendas dos maestros do colexio, quedaron cubertos por uns 50 cm de auga así como os portais e garaxes de todas as viviendas desta zona. O mercado de Sabarís tamén sufriu as consecuencias da riada, quedando totalmente cuberto polo barro e un intenso cheiro a fecais polo desborde do sistema de alcantarillado. A canalización do río tamén sufriu danos con desprendemento dos muros de contención na zona que comprendida entre a estrada interior e a rotonda de Ladeira. A muro de cascote de pedra caiu por mor do impacto da auga e decolocou a pasarela metálica que cruza o río.
Ata a zona desprazóuse o alcalde de Baiona, Jesús Vazque Almuiña, así como o concelleiro de Turismo Ángel Rodal, que permaneceron na zona mentras durabanas as tarefas de limpeza. As brigadas da Deputación de Pontevedra conxuntamente con operarios de vías e obras do concello de Baiona, fóron os encargados en limpar a zona de Sabarís unha vez amainou a choiva. Un camión, unha retroexcavadora e un cepillo de estradas, estiveron traballando arreo durante o resto da tarde para devolver a normalidade á zona. Dende o concello de Baiona ainda non se emitiu ningunha valoración de danos.
A estrada de Tomiño - Sabarís tamén requeriu a actuación dos servizos de Vías e Obras da Deputación de Pontevedra onde tiveron que recoller varias árbores caídas e pedras desprazadas pola forza da auga. Na subida á Virxe da Roca tamén se rexistraron importantes danos que afectaron a un talud que quedou desprazado e que terá que ser reconstruído.
A auga volve a castigar a Gondomar.
As inundacións rexistradas en Gondomar, repítense ano tras ano sin que ningunha adminsitración tome cartas no asunto. Moitos veciños xa falan destas inundacións como algo "de toda a vída". O feito de que o río Zamáns desborde na súa confluencia co Río Miñor, parece ser un feito que se repite ano tras ano ,coas consecuentes perdas económicas para esta zona de pequeno comercio local e de restauración. A zona da praza de abastos de Gondomar volvía a asulagarse polo desbordamento de ambos ríos que confluén neste lugar. O parque do Paseo de Carlos Casares quedaba totalmente anegado polo río Miñor que ao seu paso entraba e elvaba o nivel do río Zamáns creando unha enorme balsa de auga de 60 cm de altura que estragou todos os coches aparcados nesta zona de estacionamento ante a mirada desesperadas dos propietarios.
A zona do colexio público tamén quedou asulagada totalmente ao atoparse ao lado do río Miñor, sendo xa "un clásico" nas imaxes de inundacións deste concello Miñorán.
Lonxe do centro de Gondomar tamén se rexistraron importantes incidentes asó a ponte de Mañufe permanecía cortada e impedía o paso dos veciños dende Gondomar hacia o outro lado do río. Na mesma parroquia moitas fincas quedaron totalmente anegadas e estragadas no barrio de Moreira, por mor da enchenta do río Miñor. Nesta mesma parroquia rexistrouse un incidente cando unha familia tivo que refuxiarse na segunda planta da vivenda, logo de que a auga rompera o muro de contención e impactase contra a finca.
A zona de San Cibrán tamén presentou importantes danos neste caso das augas de escorrentía que baixaban do monte e que chegou a ocasionar graves danos en vivendas.
Falta de previsión e abandono do monte xunto a unha forte pleamar
Os veciños de Gondomar e Sabarís non teñen dúbida en sinalar o abandono no mantemento dos ríos e do monte por parte das administracións como as responsables destes asulagamentos.
No corrillo de veciños que se cumulaban na ponte vella de Sabarís, e ante a mira atenta da gran cantidade de ramallos, piñas e pico arrastrados, sinalaban que a causa de que ese material forestal fose arrastrado polo río era debido á falta de limpeza e ao abandono que padecía o monte, e á forte pleamar rexistrada nesa hora. Pola contra, en Gondomar, as queixas dos afectados apuntaban directamente a unha falla de previsión municipal. Un dos comerciantes manifestou a Valminor.info que as arquetas non estaban preparadas para aliviar o que era previsible na zona da praza de Abastos. Tamén denunciaron a falla de limpeza do río e as cunetas que non soportaron o primeiro aguaceiro do ano e os dous días de choivas.
Sen servizos de emerxencias no Val Miñor
Despois de que o pasado martes o pleno da Mancounidade do Val Miñor rexietase a moción de urxencia presentada polo BNG para volver a recuperar o servizo do GRUMIR, os acontecementos volven a por de manifesto a necesidade deste servizo de emerxencias para a comarca.
Ata Sabarís tivéronse que desprazar efectivos do corpo de bombeiros de O Porriño, situado a 34 Km de distancia. O único operario por turno que dispón este servizo resulta totalmente inoperativo dadas as tarefas en grupo que deben desempeñar.
Dim lights Embed Embed this video on your site
Dim lights Embed Embed this video on your site
Dim lights Embed Embed this video on your site
Dim lights Embed Embed this video on your site
Dim lights Embed Embed this video on your site