Xoves, 21 Oct. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Baiona Cincuenta familias de Sabarís aínda non cobraron axudas pola riada

Cincuenta familias de Sabarís aínda non cobraron axudas pola riada

Correo-e Imprimir PDF
Un total de 47 familias do barrio baionés de Sabarís aínda non cobraron nin unha sóla axuda da Xunta nin do consorcio de seguros polos danos causados nas súas vivendas polas riadas do ano pasado e carecen de información acerca de cando poderán ser indemnizados. Os veciños de Oia reclaman na rúa as axudas que non cobraron

O Concello tramitou os expedientes de 125 afectados ante a delegación de Vivenda semanas logo da traxedia. Segundo un estudo encargado polo goberno mediante chamadas telefónicas, polo momento cobraron 28 por parte da Xunta de Galicia e outros 30 do consorcio, mentres que outros 20 solicitantes non seguiron adiante coa tramitación, porque non tiñan dereito a devanditas compensacións ao padecer danos en vehículos ou maquinaria, que non estaban contemplados no plan de urxencia.

Continúa en La Voz de Galicia