Martes, 15 Jun. 2021

Actualizado07:14:33 AM GMT

Estás en Gondomar Araúxo alerta da situación de deterioro que sofre a Ponte das Ánimas.

Araúxo alerta da situación de deterioro que sofre a Ponte das Ánimas.

Correo-e Imprimir PDF
R0012138

O concelleiro nacionalista Antón Arauxo alertou ás autoridades municipais de Gondomar sobre a situación de deterioro que sofre a Ponte das Ánimas. A mítica estrutura pétrea, situada sobre o Río Miñor na súa pasaxe pola vila, amosa "pintadas, pedras fóra do sitio, plásticos, maleza, etc, e por último os estragos causados na mesma polas enchentes do pasado mes de novembro que tiraron unha parte do petril da ponta e deixaron en situación de inestabilidade a outra, co conseguinte perigo para as persoas que por alí pasan, principalmente aos nenos", sinaluo o edil.

 

Araúxo solicitou a través dun escrito dirixido ao alcalde Fernando Guitián, " que coa máxima urxencia se proceda á reparación dos danos causados pola riada, así como a adecentar o lugar, por ser coma se dixo un importante elemento patrimonial prácticamente no centro da Vila de Gondomar."

A Ponte das Ánimas ademais de ser un importante elemento patrimonial do municipio (de orixe Medieval), é unha ponte en uso,situada nunha zona moi transitada, ademais de formar parte do parque público na beira do Río Miñor.