Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Baiona A Xunta de Galicia destinará axudas para rehabilitar as zonas de Baiona e Oia afectas polos temporais.

A Xunta de Galicia destinará axudas para rehabilitar as zonas de Baiona e Oia afectas polos temporais.

Correo-e Imprimir PDF
ro-groba

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión de onte decidiu habilitar un investimento de 164.645 euros para a execución de seis obras de emerxencia nos concellos de Oia, Baiona e Agolada co fin de facer melloras en zonas afectadas polos temporais da semanas pasadas.

 

As intervencións, financiadas integramente pola Xunta, se executarán este mesmo ano e consistirán na restauración e reposición dos leitos dos ríos Broi, Seco de Viladesuso, Vilar, Lavandeira e Rego do Val de Aguieira no Concello de Oia. Ase mesmo, se restaurará o leito do tramo Media Aldea-Ponte Sabarís do río Groba e do tramo Ponte Sabarís-Rotonda PO-522 do mesmo caudal en Baiona. As obras tamén incluirán a revisión de infraestruturas de protección das ribeiras dos ríos e un estudo de situación das zonas.