Segundo a última información de Meteogalicia, as chuvias remiten xa na metade oeste de Galicia e a fronte mantense no leste, pero irá perdendo intensidade.
A borrasca situada no Atlántico deixou hoxe 92 litros por metro cuadrado na comarca de Vigo, por debaixo dos 110 e 105 litros de Sanxenxo e Cotobade.
A intensidade da choiva causou leves problemas hoxe en Sabarís e o desbordamento do río Burgo á altura de Santa Marta.
No caso de Sabarís o problema produciuse na acumulación da auga no cruce entre Jose Pereira Troncoso e Julián Valverde, o peraltado da estrada neste cruce impide que auga arrastrada dende Viso de Calvos continúe o seu curso cara a Ladeira.
A auga acumulábase en sentido inverso á pendente e os comerciantes da zona afanábanse en desatascar as bocas da rede de sumidoiros ante o medo a que auga volvese facer das súas nos locais.
O río Groba baixaba este mediodía cun curso forte pero mediado ao seu paso por Sabarís, sen que houbese perigo de desbordamento. Os problemas puntuais producíanse na estrada de subida a Belesar, fronte á praza de abastos onde a auga acumulouse por mor do taponamento das tubaxes de evacuación de pluviais que van directas ao río e que estaba tupidas polas follas estancando a agua nestes puntos.
Peor sorte tivo desta vez o río Burgo que na súa desembocadura en Santa Marta desbordou á altura da estrada provincial, punto no que foi necesaria a intervención da policía local para regular o tráfico onde se produciron importantes retencións no tramo de Santa Marta.
Meteogalicia mantén o nivel de alerta laranxa no mar para a xornada de mañá, e rebaixa a amarelo a alerta na costa de Pontevedra.
A xornada do venres en Galicia continuará no radio de acción da intensa borrasca situada ó oeste de Irlanda polo que o tempo virá marcado polos ventos de compoñente sur fortes e as precipitacións. Así, os ceos estarán anubrados con chuvias máis probables canto máis ó oeste. As temperaturas ascenderán lixeiramente, tanto as máximas como as mínimas. Os ventos soprarán de compoñente sur, fortes en xeral.
VIDEO
Dim lights Embed Embed this video on your site