Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Riada e desbordes fluviais en Gondomar e Sabarís

Riada e desbordes fluviais en Gondomar e Sabarís

Correo-e Imprimir PDF
Ultima hora: Gondomar asulagado na zona da plaza de abastos pola crecida do río. Imaxe @XoseGz

{plusone}Gondomar está sufrindo uns dos peores desbordes fluviais dos últimos anos. Unha riada tomou a praza de Abastos,  que se atopa agora mesmo totalmente asulagada. O desborde penetrou en varios locais comercias da contorna. A ponte da parroquia de Mañufe está cortada e non é posible atravesar o río. Na mesma parroquia moitas familias teñen oas fincas totalmente anegadas e estragadas no barrio de Moreira.

Unha familia en Mañufe atópase refuxiada na segunda planta da vivenda, logo ca auga rompera o muro de contención e unha onda impactase contra a finca. A crecida comezou pasadas as 16 horas e medrou sobre as 17h. Varios automóbiles quedaron atrapados pola corrente. Hai preocupación dos veciños e comerciantes polo que poda suceder nas próximas horas.

Ai queixas dos afectados pola falla de previsión municipal. Un dos comerciantes manifestou a Valminor.info que as arquetas non estaban preparadas para aliviar o que era previsible na zona da praza de Abastos. Tamén denunciaron a falla de limpeza do río e as cunetas que non soportaron dous días de choivas. Aínda non hai avaliación dos danos materiais.

Atualización 21h: As causas dos asulagamentos en Sabarís foron debidos ao arrastre de maleza que taponaron varias pontes dende o Caeiro ata o centro de Sabarís. Os tapóns de ramallos fixeron desbordar o río á altura do mercado. Ainda así o novo sistema de contención posto no ano 2006 pola Xunta e o bypass final na rotonda do Camping conseguiron evacuar toda a auga.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site