Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Pediatras reclaman igualdade de condición na cobertura dos nenos das aldeas e zonas rurais galegas.

Pediatras reclaman igualdade de condición na cobertura dos nenos das aldeas e zonas rurais galegas.

Correo-e Imprimir PDF
revision medica

Os nenos das aldeas e zonas rurais non ten a mesma cobertura pediátrica cos que habitan nas cidades de Galicia. Á falla de medios e persoal dos centros de atención primaria os pediatras enfróntanse ao axustado dos recursos e as consecuencias dunha distribución xeográfica ineficiente. Así o fixo saber esta mañá a Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria (AGPap), durante o anuncio da VI reunión do colectivo a celebrarase na Facultade de Medicina, en Santiago o 14 de abril.

 

A especialista Teresa Valls (Centro de Saúde Val Miñor), apuntou que "Hai 14 anos creáronse unhas prazas, denominadas de pediatría de área, para dar cobertura no medio rural a aquelas zonas básicas de saúde que non contasen con poboación abondo para crear unha praza de pediatra de EAP. Ao longo destes anos púidose ir comprobando como estas prazas non satisfixeron as expectativas nelas depositadas posto que non se puideron dotar da infraestrutura e os medios necesarios para exercer o traballo en condicións, medios cos que si contan os centros máis grandes e con máis capacidade."

Neste sentido Valls informou que a A AGAPap solicitou en reiteradas ocasións ás autoridades sanitarias unha reconsideración das devanditas prazas e que a atención pediátrica se sitúe en puntos estratexicamente "situados para que toda a poboación teña acceso aos mesmos servizos e á mesma calidade".

Medidas cara a unha maior eficiencia da cobertura pediátrica nas aldeas e zonas rurais.

Dende a Asociación saliéntase que as consultas de pediatría deben contar, ademais co pediatra, cun profesional de enfermaría "fundamental para desempeñar funcións de educación sanitaria, prevención e promoción da saúde, implementar o calendario de vacinacións, controlar os pacientes crónicos que precisen seguimento periódico, e desenvolver, xunto co pediatra, o Programa do Neno San".

Co fin de elevar o nivel da atención pediátrica, os especialistas entenden que é fundamental a asignación dun pediatra de cabeceira para todos os cativos, así o incremento dos medios de diagnósticos e da capacidade resolutiva dos centros de saúde, "para ofrecer o mellor servizo e que se poidan abordar e resolver o maior número posible de problemas sanitarios con eficacia e sen necesidade de acudir ao centro hospitalario."

A problemática será debatida na xuntanza de Santiago, ca fin de pór en común e buscar solucións aos problemas da disciplina, ao tempo que procuran mellorar a formación entre todos os expertos galegos da especializade e profesionais chegados doutras partes de España.