Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor EU pronunciase en contra da Lei de Augas de Galicia e propón a existencia dun mínimo gratuíto para "garantir unha vida digna".

EU pronunciase en contra da Lei de Augas de Galicia e propón a existencia dun mínimo gratuíto para "garantir unha vida digna".

Correo-e Imprimir PDF
yolanda diaz_eu

A executiva nacional de Esquerda Unida pronunciouse en contra do cobro do canón da auga que contempla a Lei de augas de Galicia aprobada en novembro de 2010, no entendido que "supón a mercantilización dun ben público universal como é a auga".

A coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, indicou que "esta lei ten un carácter eminentemente recadatorio, apostamos por garantir a gratuidade da cantidade de auga necesaria para manter unha vida digna"

"Paragaremos un imposto da auga só polo feito de estar vivos."

Esquerda Unida – Os Verdes oponse ao canón da auga

"En Esquerda Unida estamos de acordo en que se deben implementar medidas de cara a unha maior racionalización no consumo da auga que evite o seu malgasto", declarou a portavoz. Esta corrente política sostén que unha cantidade mínima de auga debería estar garantida a todas as persoas "e non suxeita a ningún tipo de cobro, xa que logo Esquerda Unida – Os Verdes oponse ao canón da auga".

Nese senso sinalan que o texto do artigo 45º.1 da Lei de Augas di: "Constitúe o feito impoñible do canon da auga o uso ou o consumo real ou potencial da auga de calquera procedencia, con calquera finalidade e mediante calquera aplicación, mesmo non consuntiva, por causa da afección ao medio que a súa utilización poida producir, considerándose incluída dentro desta afección a incorporación de contaminantes nas augas, e sen prexuízo dos supostos de non suxeición e exención previstos no artigo 7."

Para EU isto supón que estarán suxeitas ao pagamento do canon da auga todas as persoas polo feito de consumir auga aínda que sexa mediante captación comunal, pozo ou auga da chuvia. "É dicir, polo feito de estar vivas". Agregan que non se garante unha cantidade mínima exenta de pago, "de onde se deduce o carácter unicamente recadatorio desta Lei. Supón outra volta de porca máis na liña de facer repercutir as consecuencias da actual crise económica sobre a maioría social",opinan.

A nova Lei de Augas abre unha porta á privatización".

EU tamén teme que a Lei abra unha porta á futura privatización deste ben público. O seu temor baséase en que a encargada do cobro desta canon será a Entidade Público Empresarial Augas de Galicia, empresa suxeita ao dereito privado nas súas relacións exteriores que é o resultado da desaparición do Organismo Público Augas de Galicia e da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos. Deste xeito, "a Lei de Augas de Galicia abre as portas á privatización dun ben público universal como é a auga", sinalan.

Finalmente a coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, indicou "esta lei ten un carácter eminentemente recadatorio, apostamos por garantir a gratuidade da cantidade de auga necesaria para manter unha vida digna".