Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Unha media de 10€ mensuais afrontarán os presupostos familiares coa nova Lei de Augas de Galicia.

Unha media de 10€ mensuais afrontarán os presupostos familiares coa nova Lei de Augas de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
A especialista Lidia Senra na Aula de Cultura Ponte de Rosas (IEM)

Mobilizar a poboación para derrogar a Lei de Augas de Galicia "que abre as portas á privatización deste ben esencial" é o obxectivo da plataforma que convoca ao acto público do próximo domingo 20 de marzo ás 12 horas, na Alameda de Santiago de Compostela, anunciou a especialista Lidia Senra membro do Sindicato Labrego do Campo. Senra sinalou que a Lei transfire tódalas potestades dos organismo autonómicos a unha empresa pública pero regulada polo dereito privado, unha porta aberta a futuros intentos de capitalización privada e privatización da auga. Nunha xuntanza organizada pola plataforma SOS GROBA, na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM (Gondomar), Senra afirmou que a familia tipo galega pagará con esta lei unha media de 9,78€ mensuais.

Afectación e custo por vivenda da auga.

"Todas as vivendas terán que pagar o canon da auga", afirma Lidia Senra. E o canon non distingue que "sexa traída municipal, da comunidade de veciños, ou particular; proceda de pozo, manantial ou de choiva", asegurou a especialista. No caso de traídas municipais ou de empresas subministradoras, pagarase a maiores o prezo do subministro e o da depuración. As familias numerosas terán un desconto do 50% no canon.

O cálculo para determinar o canon a pagar debe ter en conta dous tipos de valores. Unha cota fixa de 1.50€ por persoa ao mes e unha variable por tramos de consumo. Esa parte variable calcúlase dos seguintes valores: de 0 a 2 m3= 0€, de 2 a 4 m3 = 0,28€/m3, de 4 a 8 m3 = 0,36 €/m3, máis de 8 m3 = 0,41 €/m3. O Instituto Nacional de Estatística (INE) informa que o consumo de media en Galicia é de 4,29 m3 por persoa ao mes. Deste dato despréndese para unha familia tipo de 3 persoas unha cota mensual de 9,78 €.

Qué sucede coa xestión e control da auga?

Segundo o informe brindado por Senra, a lei traspasa todas as competencias en materia de augas que ten Galicia a unha empresa "Augas de Galicia" que funciona segundo o dereito privado e é xuridicamente unha S.A.,convertendo a esta empresa na “administración única e ordinaria da política de augas en Galicia, dándolle todas as competencias que nesta materia lle corresponde á Administración da Comunidade Autónoma. "

Un auditorio próximo ao centenar de persoas, nas que se encontraban dirixentes das comunidades de montes do Val Miñor, presidentes das comunidades veciñais de augas, concelleiros municipais, e integrantes de diversos colectivos socias da bisbarra, recibiu a invitación da Plataforma Galega contra a Lei de Augas para formar plataformas locais que traballen de xeito coordinado coa nacional, a prol de buscar a derrogación da lei 9-2010 de Augas de Galicia, que "converte este elemento esencial de ben público a mercadoría".