Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Grupo marroquí hackea a web da Facultade de Económicas da Universidade de Vigo.

Grupo marroquí hackea a web da Facultade de Económicas da Universidade de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF
web cuvi

-Actualización 18 h: O ataque cibernético tamén afecta aos portais da Facultade e Dereito e a de Telecomunicacións da Universidade de Vigo.

O portal da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da Universidade de Vigo é obxecto dun atentado hacker por parte dun autodenominado Moroccan Hackers PRO. A páxina de incio reproduce o himno nacional de Marrocos e inclúe símbolos da organización xunto cun texto reivindicativo sobre a soberanía do devandito país sobre os territorios do Sahara, e as cidades de Ceuta e Melilla.

 

O texto deixado polos hackers, escrito en castelán di: "El Sahara, ciudades de (Ceuta y Melilla) son marroquies lo han estado , y estarán para siempre (esto que os queda claro)este es un mensaje para vuestro gobierno que no se preocupa de los asuntos internos de España. (El país que cada día abajo, el tiempo hizo justicia" (reprodución textual).