Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O PSOE impugnará o pleno da mancomunidade por impedir o acceso á súa concelleira

O PSOE impugnará o pleno da mancomunidade por impedir o acceso á súa concelleira

Correo-e Imprimir PDF
Loli Araújo, concelleira socialista de Nigrán

Os concelleiros da oposición de Nigrán, Xabier Rodríguez (BNG) e Dolores Araújo (PSOE) non puideron acceder ao pleno ordinario da Mancomunidade do Val Miñor ante o cordón policial formado diante da porta do concello de Baiona que segundo denuncian, se negaron a identificalos para permitirlles o paso.

O PSOE impugnará o pleno da mancomunidade do Val Miñor anto o que consideran un actitude "antidemocrática".

O pleno da Mancomunidade do Val Miñor resultou novamente outro punto de enfrontamento entre os afectados pola estafa das preferentes e subordinadas de NovaGaliciaBanco, e os alcaldes do Val Miñor. Neste caso a blindaxe policial  do concello de Baiona non tamizou nin sequera aos concelleiros da oposición que deberían participar no pleno. Os únicos representantes da oposición de Nigrán, a concelleira Loli Araujo (PSOE) e Xabier Rodríguez (BNG) non puideron acceder ao pleno por impedimento da propia policía local, que segundo relata o portavoz dos socialistas de Nigrán, "negáronse a identificalos, pese a que portaban a documentación na man. Tanto o DNI como o documento da convocatoria onde figuraban o seu nome e apelidos".  O motivo esgrimido polos axentes foron "que non os coñecían, e non tiñan permiso para entrar" negándose a identificalos cos documentos oficiais que portaban na man.

Ante os feitos, a concelleira do BNG de Baiona, alertou ao presidente de turno da Mancomunidade, o alcalde de Nigrán Alberto Valverde, de que había dous concelleiros que estaban sendo retidos fóra aos que non se lles permitía o acceso ao pleno e que "era unha ilegalidade". Advertencia que non serviu de nada e foi o motivo polo que a nacionalista de Baiona, Ana María Rodríguez,  abandoase o pleno.

"Dende o Partido Socialista de Nigrán queremos mostrar a nosa máis absoluta indignación e protesta ante unha actitude total e absolutamente antidemocrática e a vulneracion dos dereitos fundamentais dunha concelleira ao non poder acudir ao Pleno do no que é representate legal, e anunciamos que tomaremos todas as medidas legais posibles para que actos como estos non se poidan volver a levar a cabo nunha institución democrática. Anunciamos asemade que dende o Partido Socialista impugnaremos o Pleno e todas as decisión alí aprobadas levado a cabo no día de hoxe ao terse incumprido a lei e impedir o paso dos concelleiros e concelleiras elexidos polos veciño e veciñas de Nigrán e do Val Miñor." engadiu o portavoz dos socialistas de Nigrán