Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Beatriz Mato salienta o “importante esforzo” que en materia social fixo a Xunta no Val Miñor.

Beatriz Mato salienta o “importante esforzo” que en materia social fixo a Xunta no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
mato-alcaldes-minhor

 

A conselleira de Traballo e Benestar Beatriz Mato opina que o goberno da Xunta fixo un “importante esforzo” durante o 2012 coa achega de 165 mil euros para os servizos de axuda no fogar para persoas dependentes dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán. Segundo a titular do departamento autonómico, tamén se prestou atención a 85 persoas a través dos programas de asistencia social Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) e as Axudas de emerxencia social (AES).

30 desempregados do Val Miñor participan dun obradoiro-emprego en Patos.

As declaracións de Mato tiveron lugar durante a visita que mantivo onte ao obradoiro de emprego “Terras do Miñor”(centro de tempo libre de Patos) , na que están a formarse 30 persoas da bisbarra no eido da hostalaría. Co respecto a esta iniciativa, a conselleira informou que trátase dunha iniciativa mixta de formación e emprego , na que a o goberno da Xunta ten investido 265 mil euros.

Durante o obradoiro os participantes aprenderán operacións básicas de cociña e servizos de restaurante, especialmente a elaboración e divulgación de menús con produtos típicos da comarca.

A titular do departamento autonómico salientou ademais que o obxectivo é que o 70 por cento dos participantes acaden a inserción no mercado laboral.