Unha delegación da ONGD da República de Nicaragua, INPRHU-Somoto, visitará Gondomar este mércores ás 13 horas, co xeito de dar a coñecer os proxectos realizados co apoio do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (FGCS). Trátase dunha das "Visitas ao Norte" que se organizan dende o FGCS, para divulgar as iniciativas cofinanciadas no Sur, pero tamén para sensibilizar á cidadanía sobre os desequilibrios da sociedade internacional.
Gondomar
ONGD de Nicaragua visitará o Concello de Gondomar.
Gondomar: Apertura de inscricións para o desfile de comparsas e carrozas Entroido 2012.
A Concellería de Cultura e Festexos do Concello de Gondomar abre hoxe a inscrición para o concurso de comparsas e carrozas do entroido, que terá lugar o domingo día 19 de Febreiro a partir das 16:00 horas nas principias rúas do casco urbano da vila. As agrupacións que desexen participar teñen de prazo ata o venres 10 de febreiro ás 13:00 horas, e deberán inscribirse no rexistro do Concello de Gondomar. Por máis información dirixirse ao Departamento de Cultura ou a través do teléfono 986 363 913.
A asemblea de militantes do CDL Gondomar ratifica o liderado da concelleira Natalia Salgueiro.
A asemblea de afiliados do CDL Gondomar ratificou o liderado da concelleira Natalia Salgueiro ao fronte da agrupación centristas ao nomeala presidenta da Xestora Local. Na mesma xuntanza, celebrada este mércores 18 de xaneiro na sede de Gondomar, foron nomeadas outros 11 militantes nas distintas áreas da Xestora. Ao acto concorreron Luís Fraga, presidente provincial do CDL e mais José Palacín, como cabeza federal do partido.
Reclamacións pola situación das liñas eléctricas e xeradores en dous barrios do concello de Gondomar.
Dous barrios de Gondomar están afectados por problemas nas instalacións dos transformadores eléctricos da zona. No barrio Tomada (Borreiros )a columna que o sostén está danada e suxeita cun reforzo de ferro. A mesma liña eléctrica á altura da Mourisca (Chaín), resulta insuficiente para abastecer ó barrio, tal e como denuncian os veciños. Pola súa banda, o BNG informou que existe no Concello de Gondomar un expediente cos correspondente solicitude de licenza de FENOSA para arranxar ás instalacións, sen que aínda foran concedidas. Os nacionalistas levarán o asunto ao pleno municipal deste xoves.
O pleno de Gondomar debaterá a anulación de tres licenzas urbanísticas.
Tres licenzas urbanísticas serán revisadas no pleno municipal deste xoves en Gondomar. Unha por decisión xudicial. Outra por erros administrativos na súa tramitación. A terceira por pertencer ao grupo de permisos outorgados con informes externos durante o mandato do ex rexedor Martín Urgal, cando as técnicas municipais foron afastadas do seus cometidos en materia urbanística. Esta última podería implicar o peche dun local hostaleiro que leva un mes en funcionamento.
Gondomar deberá afrontar unha débeda de 500 mil euros ante a Xunta por mor do saneamento 2005.
Gondomar deberá afrontar unha débeda de 500 mil euros ante a Xunta de Galicia por mor do impago da parte correspondente ao concello para a realización do saneamento municipal en 2005. Daquela, o goberno encabezado polo alcalde popular Carlos Silva, dispuxo as partidas orzamentarias para facelo, mais os fondos nunca chegaron a Augas de Galicia, coa que se tiña contratada a obra. O feito foi denunciado este mediodía pola agrupación municipal do BNG.
Contratempo na praza de abastos municipal de Gondomar.
A praza de abastos municipal de Gondomar veu demorada dúas horas a súa apertura este sábado. Ás 10:00 horas da mañá os praceiros recibiron o servizo de auga que habilita o normal funcionamento dos seus postos. O feito foi denunciado polo concelleiro Xosé Antón Araúxo (BNG), quen informou que "ás 10,30hs cando a cousa se "normalizou" o negocio xa esteba perdido e a maioría dos clientes que alí se chegaron xa foran de volta."
Inscricións para o turismo termal do programa IMSERSO, no Concello de Gondomar.
A Concellaría de Benestar Social do Concello de Gondomar, a través do Departamento de Benestar Social, ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Programa de Termalismo Social do IMSERSO, para persoas maiores e pensionistas que cumpran os requisitos da convocatoria.
Gondomar inicia o 2012 co orzamento prorrogado do anterior goberno do alcalde Martín Urgal.
O BNG denuncia o xeito de que unha vez máis, Gondomar iniciará un novo año cun orzamento prorrogado. O Concelleiro Xosé Antonio Araúxo, lamentou que o bipartito (PP-CDL) non fora capaz "de aprobar os orzamentos municipais en tempo e forma, tendo Gondomar dende o día un de xaneiro os orzamento prorrogados." O edil salienta que isto obriga a que o concello deba funcionar cun planeamento orzamentario desenvolvido polo anterior goberno, "que só tiña por obxecto o cobro das adicacións exclusivas dos señores (Martín) Urgal, (Alfonso) De Lis, (José Carlos) Cabaleiro, etc..."
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL