Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Reclamacións pola situación das liñas eléctricas e xeradores en dous barrios do concello de Gondomar.

Reclamacións pola situación das liñas eléctricas e xeradores en dous barrios do concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
columna-con-ferros-tomada-2
columna-con-ferros-tomada
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Dous barrios de Gondomar están afectados por problemas nas instalacións dos transformadores eléctricos da zona. No barrio Tomada (Borreiros )a columna que o sostén está danada e suxeita cun reforzo de ferro. A mesma liña eléctrica á altura da Mourisca (Chaín), resulta insuficiente para abastecer ó barrio, tal e como denuncian os veciños.  Pola súa banda, o BNG informou que existe no Concello de Gondomar un expediente cos correspondente solicitude de licenza de FENOSA para arranxar ás instalacións, sen que aínda foran concedidas. Os nacionalistas levarán o asunto ao pleno municipal deste xoves.

Columnas atadas reforzadas con ferro en Borreiros.

No Barrio da Tomada, na parroquia de Borreiros a 40m aproximadamente da gardería San José, existe un transformador eléctrico aéreo, que a maiores da súa antigüidade, está nunha situación de auténtico perigo. Unha das columnas que o sostén está seriamente danada e suxeita cun reforzo de ferro. Ademais disto, supón un estorbo para a circulación que ten que pasar polo camiño no que está situado.

Os nacionalistas afirman que existe no Concello de Gondomar un expediente e petición de licenza por parte de FENOSA para cambiar e soterrar o devandito transformador, e malia ao tempo transcorrido "sen que a día de hoxe se lle dese a autorización solicitada, e antes de que teñamos que lamentar danos maiores", levará o tema ao pleno. 

O concelleiro do Bloque, Xosé Antonio Araúxo manifestou que a súa agrupación recollerá a demanda dos veciños de Borreiros, e solicitará ao "Pleno da Corporación Municipal de Gondomar que inste  o  Goberno Municipal para que na maior brevidade posible se lle outorgue a licenza a Fenosa para que proceda a cambiar e a soterrar o devandito transformador".

A Mourisca esixe melloras no subministro eléctrico.

Na mesma liña, no barrio da Mourisca, na parroquia de Chaín,  dende hai tempo os veciños vén solicitando melloras na rede e no subministro eléctrico para o seu barrio. Tamén neste caso,  Araúxo informou que ten coñecemento da" existencia no Concello de outra petición de licenza por parte de Fenosa para a instalación dun transformador na zona da Mourisca, estando pendente esta mellora da concesión da preceptiva licenza municipal que non dá chegado." Polo cal tamén presentará ao pleno unha solicitude para que o goberno municipal de trámite urxente aos permisos pertinentes.