Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar inicia o 2012 co orzamento prorrogado do anterior goberno do alcalde Martín Urgal.

Gondomar inicia o 2012 co orzamento prorrogado do anterior goberno do alcalde Martín Urgal.

Correo-e Imprimir PDF
concello gondomar

O BNG denuncia o xeito de que unha vez máis, Gondomar iniciará un novo año cun orzamento prorrogado. O Concelleiro Xosé Antonio Araúxo, lamentou que o bipartito (PP-CDL) non fora capaz "de aprobar os orzamentos municipais en tempo e forma, tendo Gondomar dende o día un de xaneiro os orzamento prorrogados." O edil salienta que isto obriga a que o concello deba funcionar cun planeamento orzamentario desenvolvido polo anterior goberno, "que só tiña por obxecto o cobro das adicacións exclusivas dos señores (Martín) Urgal, (Alfonso) De Lis, (José Carlos) Cabaleiro, etc..."

 

Pola súa banda, consultado o alcalde Fernando Guitián informou que o novo orzamento está en elaboración, aínda que non confirmou data de presentación ao pleno da corporación para a súa aprobación: "se presentará cando estea pronto", sinalou.

Demora na cesión de número ao SERGAS do Centro de Saúde

Por último o grupo municipal nacionalista, informou que pedirán explicacións ao goberno municipal no vindeiro pleno pola demora ne cesión dos números telefónicos do Centro de Saúde de Gondomar ao SERGA. Segundo información en poder do Bloque, o SERGAS dirixiuse ao Concello hai máis de dous meses solicitándolle a cesión da liñas co obxecto de facerse cargo do pago da factura de teléfono que ate agora viña correndo por conta da administración municipal. O BNG informa que o SERGAS acaba de reiterarlle a petición ao Concello e este "seguen sen facer caso. Ao final, seguirá pagando o Concello no canto de aforrar unha media anual de aproximadamente 4.000€."