Martes, 6 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

Unha cooperativa de mulleres abre un novo espazo hostaleiro ecolóxico - cultural en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

image 13Gondomar contará cun novo centro hostaleiro dedicado ao turismo rural e cultural. Trátase do albergue Nornas Hostel, que desenvolverase baixo un proxecto cooperativo de tres mulleres. A finca atópase sobre o Camiño do Adro a poucos metros da igrexa de San Bieito, e abrirá as súas portas este venres 20 a partir das 20 horas cun espectáculo cultural aberto a todo o público que queira coñecer ás instalacións.

Comeza a Semana do Libro en Gondomar coa visita do autor de cómics Brais Rodríguez.

Correo-e Imprimir PDF

casadaculturaA primeira cita da V Semana do Libro e a Lectura (organizada por Espazo Lectura en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar) terá lugar este martes, 17 de abril, no club de cómic Lecturas Debuxadas. A cita é na biblioteca de Gondomar ás 20:00 horas.

Os cinco concelleiros nacionalistas de Gondomar renuncian ao BNG e non entregarán as súas actas.

Correo-e Imprimir PDF

Os cinco concelleiros nacionalistas de Gondomar, xunto a 40 militantes (75% da agrupación local do BNG) decidiron abandonar o Bloque e pasar a constituír a Asemblea Nacionalista de Gondomar. A dimisión non incluirá a entrega das actas dos concelleiros ao BNG por resolución case unánime (só dúas abstencións), dos escindidos. O ex alcalde e líder da agrupación nacionalista, Xosé Antonio Araúxo manifestou que a nova agrupación terá como primeiros obxetivos a defensa do programa electoral co que se presentaron nas pasadas eleccións, e sumar forzas coas novas correntes críticas do nacionalismo.

A oposición nomea como "O Plan de asuste" ás medidas aprobadas polo goberno de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

concello escudo_vidrio- O alcalde impide a un veciño gravar en vídeo o debate do Plan de Axuste.

A oposición acusa ao goberno de Gondomar de axustar as contas municipais en base a unha maior carga nos petos dos veciños. Tanto o PSOE como o BNG opuxéronse ao plan de axuste no pleno extraordinario celebrado este venres. Ambos os dous partidos salientan que o goberno do alcalde Fernando Guitián omitiu revisar a débeda a pagar por case un millón de euros á concesionaria da recolección do lixo, a pesar de que moitas das facturas contan cun informe desfavorable da intervención. Ao mesmo tempo poñen en tela de xuízo a legalidade da sesión ao non ser convocada unha preceptiva Comisión de Contas previa á realización do pleno.

O Concello de Gondomar incrementará taxas e recortará inversións e gastos nun novo plan de axustes.

Correo-e Imprimir PDF

centrogondomarAvecíñanse tempos de recortes e suba de taxas no Concello de Gondomar por mor dun plan de axuste elaborado e aprobado este venres polo gobernante bipartito (PP-CDL). Entre as principais medidas adoptadas atópase a creación da taxa por recollida de lixo, a ampliación da taxa de sumidoiros máis alá da zona urbana e a inspección e recualificación de fincas e edificios para axustar o cobro de impostos á realidade das mesmas.

Gondomar comezará a cobrar unha taxa pola recollida do lixo a partir do 2º semestre de 2012.

Correo-e Imprimir PDF

basura-contenedor-npGondomar é o único concello de Pontevedra onde ata de agora o servizo de recollida de lixo non se cobra a través dunha taxa. O contrato coa empresa concesionaria é pagado na súa totalidade dende as arcas públicas. Nembargante iso vai cambiar por mor do plan de axuste das contas municipais aprobado polo goberno bipartito (PP-CDL) no pleno desta mañá. Consultado o alcalde Fernando Guitián, informou que posiblemente a taxa entre en vigor no segundo semestre deste ano.

Por mor da folga xeral o curso de Prevención de riscos laborais en Gondomar comezará en abril.

Correo-e Imprimir PDF

prevencion-riesgos-laboralesA concelleira de Formación e Emprego de Gondomar, Natalia Salgueiro deu a coñecer esta mañá que o comezo do Curso de Prevención de Riscos Laborais previsto inicialmente para o vindeiro xoves 29 de marzo será trasladado ao día 12 de abril. A mudanza foi xustificada pola concellaría co fin de evitar "coincidir -a inauguración do curso- con la convocatoria de huelga general".

Gondomar solicitará 1.7 millóns de euros para pagar aos provedores, dos cales case un millón levará GESECO.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar solicitará un crédito do 1.7 millóns de euros a fin de facer fronte ao pasivo das súas contas en materia de débedas cos provedores. Dese montante case 1 millón será destinado ao pago de factura de GESECO, empresa encargado da recollida de lixo no municipio. O crédito, será concedido no marco da nova regulamentación do Real Decreto 4/2012, aprobado o pasado 24 de febreiro, que obriga ás entidades locais a certificar a débeda acumulada con provedores ata o 31 de decembro de 2011, e a presentar antes do 31 deste mes un plan de axuste para afrontar o pago de devandita débeda.

Gondomar leva 4 días sen servizo de policía local polas tardes.

Correo-e Imprimir PDF

concello escudo_vidrioO grupo municipal do BNG levantou a alerta onte pola tarde: a oficina da Policía Local estivo pechada e sen efectivos as tardes do venres, sábado, domingo e luns. A causa, unha cativa plantilla de tan só 6 efectivos para cubrir as necesidades de patrulla no municipio. Por riba dúas baixas médicas deixaron o grupo de seguridade reducido a 4 efectivos os últimos días e sen a posibilidade de cumprir horas extras por recortes orzamentarios.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL