Martes, 6 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

A xustiza cita a declarar ao ex alcalde Martín Urgal e ao ex concelleiro de Urbanismo Alfonso de Lis.

Correo-e Imprimir PDF

funcionarios espaldasUn novo episodio xudicial afrontará o Concello de Gondomar en materia urbanística. O xustiza determinou que o ex alcalde Martín Urgal deberá comparecer este xoves como imputado para explicar os motivos polos cales afastou das súas responsabilidades urbanísticas ás técnicas municipais sustituíndolas por unha asesoría legal externa. Alfonso De Lis, ex concelleiro de urbanismo tamen foi citado como imputado polo Xulgado de Instrución Nº3 de Vigo aos efectos de brindar a súa versión dos feitos.

A gondomareña Vanessa Veiga, campioa de España de maratón a un paso de Londres 2012.

Correo-e Imprimir PDF

vanesaveigaA atleta gondomareña Vanessa Veiga quedou a un paso dos Xogos Olímpicos de Londres 2012 logo de proclamarse campioa de España de maratón. A proba desenvolveuse este domingo, no marco da segunda edición da Maratón Internacional de Castellón, nela Veiga fixo o percorrido nun tempo de 2h32:27 e obtivo a marca mínima para clasificarse aos Xogos de Londres. A vitoria na carreira foi para a kenyana Jemina Jegalat que investiu 2h:28:34 para completar os 42,195 quilómetros da proba, por diante de Vanesa Veiga e Beatriz Ros (2h33:11).

Comeza o IV Torneo escolar de tenis Nadal en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

tenisA partir do vindeiro domingo terá lugar o IV Torneo escolar de tenis Nadal organizado polo Club de Tenis Gondomar. Nesta edición participarán máis de 130 nenas e nenos nas competencias que terán lugar a partir das 9 horas. Os partidos celebraranse nas instalacións do Pavillón Municipal de Gondomar e nas pistas exteriores do IES Auga da Laxe. O evento conta coa colaboración do Concello de Gondomar a través da Concellería de Deportes.

Espectáculo musical na praza do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

praza-concello-gondomarO Concello de Gondomar celebrará este xoves ás 13 horas un concerto a cargo da Big Band  de Vincios no quiosco da praza do Concello. O espectáculo servirá tamén para amosar as recentes obras de remodelación deste senlleiro espazo público da vila condal. Unha fonte de chorros e novo mobiliario urbano (bancos e papeleiras) forman parte da nova faciana.

Polémica en Gondomar pola apertura dun local na Rúa Otero Pedrayo, baseado nun informe xurídico externo.

Correo-e Imprimir PDF

 

Os veciños da Rúa Otero Pedrayo nº 3-5 denuncian a instalación dunha cheminea de extracción de gases que non cumpre cos requisitos legais por parte dun bar - tapería situado nos baixos do edificio. A obra, parte dun reacondicionamento xeral do local, conta cun permiso de obra outorgado pola administración de Martín Urgal, co informe desfavorable dos servizos xurídicos do Concello, pero levantado posteriormente por un informe xurídico externo. Os veciños informan que levan presentadas unha morea de denuncias, das cales só 31 delas foron interpostas á actual administración Guitián, ser recibir ningunha contestación formal. Ante o aviso dunha inminente apertura das actividades do local, a súa presidenta Mar García Hermida, presentou este venres unha nova demanda esixindo ás autoridades municipais que se pronuncien sobre o caso.

Fernando Guitián: "Yo no voy a prevaricar para ganar una subvención". A Pasaxe queda sen banda ancha.

Correo-e Imprimir PDF

 

a-pasaxeO concello de Gondomar perde unha subvención de case 235 mil euros para modernizar as telecomunicacións do seu complexo industrial de A Pasaxe por mor das súas históricas deficiencias en materia de regulación urbanística. O enclave industrial situado na parroquia de Vincios a varias décadas da súa constitución aínda non está regularizado como polígono industrial o que provocou un informe negativo da tramitación en curso por parte dos servizos xurídicos do municipio. Ante a advertencia dos mesmos e a posibilidade de ser denunciado por prevaricación, o alcalde Fernando Guitián decidiu este xoves  interromper a devandita tramitación, espertando a crítica dos empresarios e da oposición.

Gondomar resolverá o abastecemento de auga a través dun plan conxunto para a área metropolitana.

Correo-e Imprimir PDF

gondomar-augas-galiciaO presidente de Aguas de Galicia, Francisco Ménedez, informou ao alcalde de Gondomar Fernando Guitián que o seu organismo está estudando asegurar o subministro de auga a todo o Val Miñor e en concreto a Gondomar a través dun plan para a área metropolitana de Vigo. A idea plantexada polo ente autonómico é subministrar desde o embalse de Zamans, para conseguir abastecer a todo o concello, incluso ás parroquias más altas.

Augas de Galicia recibe un plan de actuacións contra as inundacións en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

gondomar-riadaO Concello de Gondomar presentou un anteproxecto a Augas de Galicia co fin de paliar os efectos das crecidas no casco urbano da vila. As principais actuacións previstas son a ampliación da ponte da circunvalación a seu paso polo río Miñor, así como a subsanación dos recheos nas inmediacións do campo de fútbol de As Cercas.

O BNG demanda ante o Parlamento galego a reposición das quendas de autobús suprimidas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

terminal gondomarO deputado do BNG, Henrique Viéitez, a través dunha Proposición non de lei que será debatida proximamente no Parlamento galego, insta a Xunta de Galiza a ordenar á empresa de transporte de viaxeiros Melytour que proceda de “xeito inmediato” á reposición dos servizos suprimidos entre as parroquias de Couso, Peitieiros, Morgadáns e Chaín con Gondomar

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL