Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar resolverá o abastecemento de auga a través dun plan conxunto para a área metropolitana.

Gondomar resolverá o abastecemento de auga a través dun plan conxunto para a área metropolitana.

Correo-e Imprimir PDF
gondomar-augas-galicia

O presidente de Aguas de Galicia, Francisco Ménedez, informou ao alcalde de Gondomar Fernando Guitián que o seu organismo está estudando asegurar o subministro de auga a todo o Val Miñor e en concreto a Gondomar a través dun plan para a área metropolitana de Vigo. A idea plantexada polo ente autonómico é subministrar desde o embalse de Zamans, para conseguir abastecer a todo o concello, incluso ás parroquias más altas.

 

Pola súa banda, o alcalde Guitián expuxo que aínda que este ano non foi necesario poñer restricións, o municipio estivo a piques de sufrirllas debido a que o actual subministro é a través de un fluxo continuo del río Morgadáns, e non dunha reserva, resultando así más difícil asegurar o subministro necesario para todos os veciños.