
{plusone}Gondomar está sufrindo uns dos peores desbordes fluviais dos últimos anos. Unha riada tomou a praza de Abastos, que se atopa agora mesmo totalmente asulagada. O desborde penetrou en varios locais comercias da contorna. A ponte da parroquia de Mañufe está cortada e non é posible atravesar o río. Na mesma parroquia moitas familias teñen oas fincas totalmente anegadas e estragadas no barrio de Moreira.
Unha familia en Mañufe atópase refuxiada na segunda planta da vivenda, logo ca auga rompera o muro de contención e unha onda impactase contra a finca. A crecida comezou pasadas as 16 horas e medrou sobre as 17h. Varios automóbiles quedaron atrapados pola corrente. Hai preocupación dos veciños e comerciantes polo que poda suceder nas próximas horas.