Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O pleno de Gondomar revela graves problemas para solucionar a situación urbanística do municipio.

O pleno de Gondomar revela graves problemas para solucionar a situación urbanística do municipio.

Correo-e Imprimir PDF
O urbanismo en Gondomar segue a ser un problema sen solución.

O Pleno extraordinario desenvolvido esta mañá en Gondomar, non arroxou luz sobre a futura aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenamento Territorial. Segundo o informe da alcaldía os técnicos municipais e o equipo de redacción ten aínda que solucionar aspectos legais que fan imposible a súa inmediata posta a discusión pola corporación. En canto á situación urbanística do concello, dos 180 núcleos rurais existentes, só se podería edificar en 19 previo estudo de que non se atopen saturados.

Logo de devandito informe do goberno municipal, para o BNG, convocante da xuntanza, queda en claro que nas parroquias de" Vincios, Peitieiros, Couso, donas e Gondomar non se pode construír nada, no resto das parroquias nunha parte ínfima". De feito, hai  160 núcleos rurais  repartidos polas 10 parroquias gondomareñas que non cumpren os " os requisitos de legalidade, publicidade e información pública pertinentes", informan.

En canto ao PXOM, o informe da alcaldía o sitúa en fase de reelaboración, cunha documentación á que os órganos de control autonómicos detectáronlle vicios na información gráfica, falla de limitación territorial do municipio, desaxustes á legalidade urbanística existente, insuficiencias na delimitación dos núcleos rurais e falta de inclusión da rede viaria.

Por mor disto, o goberno non podía fixar unha data concreta para a aprobación inicial do PXOM. Pola súa banda, o convocante BNG denunciou ao final da xuntanza que "Este é o resultado do uso do urbanismo como arma política en vez como elemento de consenso e convivencia: 4 anos perdidos". Os nacionalistas lembraron ao goberno bipartito (PP-CDL), que fixeron a campaña electoral asegurando aos veciños que o PXOM estaba a punto para a súa aprobación inicial. Nembargante, o Bloque afirma que durante a súa comparecencia o alcalde Fernando Guitián, chegou a dicir que o equipo redactor estaba de “visita guiada” polas parroquias para delimitar correctamente os núcleos.

Para os socialistas o alcalde Fernando Guitián (PP) e mais a concelleira  e a concelleira Natalia Salgueiro son os responsables dunha "paralización"  do PXOM e a concesión de licenzas urbanísticas en Gondomar.  O seu portavoz, Paco Ferreira salientou que despois da comparecencia do alcalde no pleno extraordinario “los ciudadanos de Gondomar han de tener que esperar hasta no se sabe cuanto para poder obtener una licencia de obra”. Ademais acusou a Guitián de sinalar ao anterior goberno encabezada polo tamén popular Martín Urgal de “otorgar licencias en base a las normas subsidiarias fuera de la legalidad y con informes jurídicos externos”.

Para Ferreira a traxectoria de Guitián na alcaldía "es de libro Guinness". "En tan sólo cuatro meses de Gobierno, de aprobar un Plan Sectorial para la Pasaxe como prometió, para este año, éste será según la Xunta para el 2017. De 31.000 mil millones de euros para su desarrollo ahora ya son 27.000 (perdió un millón por mes), de estar el nuevo PXOM como prometió nada más ser alcalde, ahora éste será aprobado no se sabe cuando, y de estar otorgándose licencias de obras, ahora estas son suspendidas por ser contrarias a la legalidad y a los núcleos rurales."