Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O luns 24 o alcalde de Gondomar informará ao pleno sobre a situación do PXOM a iniciativa do BNG.

O luns 24 o alcalde de Gondomar informará ao pleno sobre a situación do PXOM a iniciativa do BNG.

Correo-e Imprimir PDF
O pleno extraordinario sobre urbanismo en Gondomar celebrarase no Lois Tobío, o luns 24 de outubro ás 9 horas.

-O BNG critica ao alcalde popular Fernando Guitián por citar o pleno extraordinario sobre urbanismo para o vindeiro luns 24 de outubro, último día do prazo legal.

-Tamén cuestiona a través do seu voceiro Pauliño Del Río, que se fixou para as 9 da mañá, restando a posibilidade de que moitos veciños poidan estar presentes.

O Grupo Municipal do BNG solicitou por rexistro o pasado día 5 de outubro a celebración dun Pleno extraordinario co fin de que o alcalde informe sobre o estado da tramitación do PXOM de Gondomar, “aportando os oportunos informes dos técnicos, tanto municipais como do equipo redactor, que o refrenden”. Os nacionalistas tamén pediron que na devandita instancia se achegue un informe sobre a situación urbanística do Concello de Gondomar, “e particularmente sobre a situación da concesión ou non das licenzas de edificación, apertura e parcelación, sobre a situación na que se atopan os núcleos rurais e sobre o casco urbano. Aportando os informes técnicos pertinentes”.

En resposta, o goberno municipal o citou para o vindeiro luns 24 de outubro ás 9 horas. Del Río manifesta que con esta actitude “demostra a pouca importancia e prioridade que lle da o señor alcalde ao tema urbanístico en Gondomar e a súa falla de actitude democrática ao convocalo ás 9 da mañá para impedir que moitos veciños e veciñas interesados e damnificados pola problemática urbanística podan acodir a ese Pleno.” O concelleiro pregunta publicamente “Ou é que ao Sr.Guitián xa empeza a ter medo escénico ou tal vez lle moleste que a información sexa de coñecemento xeral e non en petit comité.”