Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG Morgadáns, reclama facer efectivo o exercicio dos dereitos lingüísticos dos galegos falantes nas lápidas.

O BNG Morgadáns, reclama facer efectivo o exercicio dos dereitos lingüísticos dos galegos falantes nas lápidas.

Correo-e Imprimir PDF
lapidas-cementerio

Se unha persoa utilizou o galego como principal ou única lingua, por que ao morrer a súa lápida está en castelán? Este paradoxo non estará dalgún xeito trastornando a súa memoria? Para o vogal do BNG en Morgadáns, Xaime Lugilde, moitas veces escríbense as lápidas nun idioma que o falecido non usou e seica, tampouco coñecía. En base a esta reflexión, Lugilde proporá ao pleno da Entidade Menor Local de Morgadáns que poña en práctica unha serie de medidas de cara ao próximo Día de Defuntos que fagan xustiza coa memoria dos mesmos, incentivando o uso do galego nas inscricións das lápidas.

A primeira das iniciativas será colocar á entrada do cemiterio parroquial unha placa homenaxe coa inscrición “Na memoria de tódolos que aquí xacen, porque grazas a eles Galicia segue a ter lingua e cultura de seu”. A segunda propón subvencionar cunha cantidade simbólica de 50 euros, a todos aqueles que repoñendo de novo ou que vaian falecendo, poñan na súa lápida en galego. Por último, o vogal solicita a publicación dun bando da Entidade chamando aos veciños para que restitúan a lingua galega nas lápidas.

A proposta do vogal nacionalista, cara a facer efectivo o exercicio dos dereitos lingüísticos das persoas galego falantes, ten antecendetes en propostas similares, xa presentadas por varios alcaldes no ano 2006, nos casos de Redondela, Soutomaior, Pazos do Borbén, Mondaríz Ponteareas, A Cañiza, Mondariz Balneario e Covelo. Tamén estivo presente esta inquietude de respetar estos dereitos na cultura funeraria a nivel do parlamento galego no mesmo ano.