Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Veciños de Gondomar reclaman á Xunta e ao Concello máis seguridade para os peóns na PO341.

Veciños de Gondomar reclaman á Xunta e ao Concello máis seguridade para os peóns na PO341.

Correo-e Imprimir PDF

Veciños das parroquias de Vincios, Peitieiros, Chaín, Morgadáns e Couso fixeron unha concentración esta tarde en protesta pola falla de seguridade peonil que afecta a estrada PO-341 (Vincios - Couso). Os afectados denuncian que pese ás promesas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a obra a piques de rematar, restou beiravías, e colocou valados metálicos nas curvas que fan imposible o tránsito de peóns. Dende a Xunta informáronlles que a ampliación de sendas peonís necesitan da cesión de terreos que deben xestionar ante o Concello de Gondomar. Os viandantes, que afirman que iso non é así por tratarse dunha estrada autonómica, pediron igualmente a devandita cita ao municipio a que foi concedida para o vindeiro 31 de outubro.

Os veciños tamén reclaman ao goberno municipal que actúe. De feito, unha moción aprobada por unanimidade no pleno da corporación esixía ás autoridades locais a tomar cartas no asunto. Nembargante, a obra se ben mellorou o asfaltado da carreteira, quitou elementos de seguridade vitais para as persoas que a transita a pé. Neste senso, os veciños informaron que a explanada da carreteira é de doce metros de ancho, polo cal hai terreos de abondo para executar a obra debidamente. Informaron que os devanditos terreos foron expropiados no ano 1923.

A carreteira, de doce quilómetros de percorrido, atópase agora con carteis de advertencia, reclamos de seguridade e denuncias das desfeitas que trouxo a humanización, todos eles feitos polos veciños. Por se isto fora pouco, foron retiradas dúas quendas de autobús. Segundo os veciños a empresa responsable argumenta que non hai seguridade suficiente para as paradas.