Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG Gondomar presentará ao pleno as demandas veciñais sobre a inseguridade da PO 341.

O BNG Gondomar presentará ao pleno as demandas veciñais sobre a inseguridade da PO 341.

Correo-e Imprimir PDF
Veciños das parroquias de Vincios, Chaín, Morgadáns, Pieitieieros e Gondomar na marcha pola PO 341

O BNG Gondomar presentou por rexistro municipal unha moción para que o Concello apoie as demandas de seguridade peonil e de circulación na carreteira PO 341, que une as parroquias de Vincios e Couso . A Xunta de Galicia dende hai varios meses está a traballar en distintos puntos desta. Nembargante, unha marcha de veciños das parroquias de Vincios, Chaín, Morgadáns, Peitieiros e Couso, convocou cerca de 300 persoas o pasado domingo, reclamando unha beirarrúa peonil, e melloras na seguridade xeral para os usuarios.

Os nacionalistas reclamarán ao pleno municipal o apoio explícito a estas demandas, así como dirixirse á Consellaría de Infraestruturas, Territorio e Medio Ambiente da Xunta de Galicia, "para que proceda á realizar as obras necesarias na PO-341, entre Vincios e Couso, encamiñadas a darlle cumprimento ás demandas veciñais no que respecta á seguridade viaria na mesma: beravía peonil, limitación de velocidade, etc, etc." O Bloque entende que as intervencións feitas ata de agora nesa estrada "non fixo máis que agravalos, principalmente se pensamos nas persoas que teñen que camiñar pola mesma, así como aqueloutras que viven a súa beira nos núcleos de poboación que atravesa".

O BNG argumenta que a corporación municipal non pode estar allea a estas demandas "porque son xustas e razoables e, porque de non levar a cabo as obras neste momento, Gondomar pode perder unha ocasión inmellorable para conseguir que a PO-341 sexa unha vía de comunicación que mereza tal nome, é dicir, que estea ao servizo dos cidadáns e cidadás e que mellore súa calidade de vida."

A moción tamén se presentará na Entidade Local de Morgadáns, así como unha inciativa no mesmo senso se levará ao Parlamento Galego.