Xoves, 2 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG pedirá explicacións ao Concello pola retirada das quendas de autobús de Melytour.

O BNG pedirá explicacións ao Concello pola retirada das quendas de autobús de Melytour.

Correo-e Imprimir PDF
terminal gondomar

 

Os veciños das parroquias de  Couso, Peitieiros, Chaín e Morgadáns  se ven afectados dende hai semanas  polo retiro de tres quendas do servizo de autobús que os comunica coa vila de Gondomar e Vigo. A empresa Melytour , concesionaria das liñas suprimiu as saídas de Vigo ás 10hs e ás 13hs, e a saída dende Couso ás 15hs que pasan polas devanditas parroquias por ser deficitarias. A pesar que o pleno de Gondomar mandatou á alcaldía para que esixise o inmediato reintegro das devanditas quendas, no pasada reunión de novembro,  aínda non foron repostas. O concelleiro Antonio Araúxo (BNG)  expresou  esta mañá que “ademais de apoiar as xustas reclamacións dos veciños, anunciamos que que lle pediremos explicación ao alcalde no vindeiro Pleno de decembro, así como á propia Xunta a través dunha iniciativa no  Parlamento Galego”.

Antonio Araúxo manifestou que “ non é a primeira vez que a empresa concesionaria desa liña, pretende  retirar servizos. Foi sempre a oposición e mobilización veciñal  quen llelo impediu. Agora volven as andadas.” O concelleiro do BNG, recordou que no pasado pleno do 3 de novembro, o  BNG presentou unha moción para que dende o goberno municipal se lle esixira á Xunta actuacións administrativas ao respecto, e á propia empresa concesionaria que repuxese o servizo de xeito urxente. “A día de hoxe ata onde o BNG é coñecedor, nin o Goberno Municipal nin a Xunta de Galicia moveron un dedo para resolver este grave problema.”, informou Araúxo. O BNG, acusa tanto ao goberno de Gondomar, como da Xunta de Galicia de gardar “un silencio cómplice” ao non abordar o problema.