O Bloque acusa ao goberno municipal de ordenar a impresión de 100 axendas 2012 cun importe próximo aos 2000 euros, cando dito gasto tiña un informe contrario da Intervención do Concello. O mesmo, segundo o BNG, fundamentase por "non haber dispoñibilidade orzamentaria para facelo." Os nacionalistas adiantan que devolverán os cinco exemplares que foron entregados aos seus concelleiros, no entendido que trátase dun "gasto innecesario nestes tempos de crise e recortes".
Gondomar
A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais desminten os feitos referidos á estructura do Belén viviente en Gondomar
A Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar rexeitou as acusacións verquidas onte por unha veciña do municipio nunha carta ao director, onde acusaba ao colectivo e ao Concello de non retirar uns cartaces onde aparecía unha imaxe que consideraba "denigrante para as mulleres" polo seu contido e caracter de "obxeto-sexual".
Yolanda Santos, presidente da asociación, manifestou que esas imaxes pertencían á propia atracción de feira cedida desinteresadamente por un veciño de Gondomar, e que foron tapadas ante a imposibilidade de retiralas, xa que eran unhas planchas de metal que forman parte da propia estructura
Os Reis Magos e as rondallas toman as rúas de Gondomar.
Gondomar prepara as súas festas de reis. O xoves 5 terá lugar a tradicional cabalgata que percorres as principais rúas céntricas da vila e remata coa recollida das cartas cos desexos dos pequenos. A celebración continuará o venres 6 cun certame e desfile de rondallas.
O Concello de Gondomar paga á Entidade Local de Morgadáns e aos seus provedores.
Nun breve comunicado de prensa, o alcalde Fernado Guitián informou que o goberno de Gondomar pagou" hoxe á Entidade Menor (de Morgadáns) e a todos os provedores previstos no recoñecemento extraxudicial de crédito tras desestimar, no último pleno extraordinario do pasado martes, a alegación presentada por Urbano Esmerode."
Urbano Esmerode séntese "marxinado" polo PP de Gondomar e o alcalde Fernando Guitián.
O alcalde pedáneo de Morgadáns,Urbano Esmerode acusou esta noite ao rexedor Fernando Guitián de estar a "darlle a volta á perdiz" e non achegarse a resolver de xeito definitivo, tal e como tiñan acordado, o ingreso da parte dos impostos que lle corresponden á entidade local dentro dos orzamentos do Concello. Tamén acusou ao rexedor de manter un perfil "soberbio" na súa relación con el e a Entidade, amosada definitivamente na súa actitude de non chamarlle nin por teléfono para avisarlle da súa decisión de denegar a alegación presentada por Morgadáns contra a última modificación de créditos aprobada polo pleno de Gondomar.
O pleno extraordinario de Gondomar desestima por maioría a alegación de Urbano Esmerode.
O pleno extraordinario municipal de Gondomar celebrado esta mañá desestimou a alegación presentada por Urbano Esmerode Domínguez, presidente da Entidade Local Menor de Morgadáns, á modificación de crédito que por máis de 288 mil euros atenderá débedas cos provedores da administración gondomareña. A entidade local presentou a devandita alegación por mor da débeda que o Concello de Gondomar mantén con Morgadáns pola porcentaxe dos impostos recadados no seu territorio en 2010 pola administración municipal, e da que a parroquia debe percibir legalmente unha cota das mesmas.
Posta en valor ou “arboricidio”? Tamén as árbores espertan polémica entre goberno e oposición en Gondomar.
Mentres os operarios rematan as podas e acondicionamento do Parque da Feira en Gondomar, os métodos empregados na tarefa ingresan á area política. O BNG cuestiona a poda "homoxénea e sen distinción das clases arbóreas" coa que presuntamente o Concello decidiu acometer a obra. A denuncia súmase á xa feita polo PSOE en ocasión da mesma intervención desenvolvida no Parque da Coelleria, a Praza da Paradela e nalgunhas das rúas céntricas da vila. Pola súa banda, os técnicos da empresa privada encargada da actividade defenden a devandita actuación no senso de que a mesma permitirá salvar ás árbores da acción negativa de pragas e outras afeccións.
Morgadáns reclama ao Concello de Gondomar "o inmediato cumprimento" no pago dos tributos do 2010.
A Entidade Menor Local de Morgadáns segue con problemas á hora de cobrar o que legalmente lle corresponde dos impostos recadados no seu territorio pola administración municipal de Gondomar. A pesar de tratarse de dúas administracións gobernadas polo PP , o alcalde pedáneo da entidade Urbano Esmerode Domínguez, debeu recorrer como no 2010, a unha vía formal para esixir esta vez ao goberno de Fernando Guitián "o inmediato cumprimento da súa obriga de abono das contías que corresponderían á participación da Entidade Local Menor de Morgadáns nos tributos dese Concello correspondentes ao ano 2010." A través dunha alegación presentada o pasado 13 de decembro, Esmerode recorreu unha modificación de créditos destinada a saldar débedas cos provedores municipais, pero que deixaba a Morgadáns fóra dos pagos a desenvolver antes do remate do ano. A todo isto, un informe do Interventor municipal asinado dos días despois recoñece que "existe crédito adecuado e suficiente" no orzamento do Concello para facer fronte a dito gasto. Pero recomenda desestimar a devandita alegación que afecta directamente a un crédito por máis de 288.000 euros xa aprobado polo pleno municipal de novembro con outros fins.
Araúxo alerta da situación de deterioro que sofre a Ponte das Ánimas.
O concelleiro nacionalista Antón Arauxo alertou ás autoridades municipais de Gondomar sobre a situación de deterioro que sofre a Ponte das Ánimas. A mítica estrutura pétrea, situada sobre o Río Miñor na súa pasaxe pola vila, amosa "pintadas, pedras fóra do sitio, plásticos, maleza, etc, e por último os estragos causados na mesma polas enchentes do pasado mes de novembro que tiraron unha parte do petril da ponta e deixaron en situación de inestabilidade a outra, co conseguinte perigo para as persoas que por alí pasan, principalmente aos nenos", sinaluo o edil.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL