Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O grupo municipal do BNG devolverá as axendas do 2012 obsequiadas pola alcaldía de Gondomar .

O grupo municipal do BNG devolverá as axendas do 2012 obsequiadas pola alcaldía de Gondomar .

Correo-e Imprimir PDF

O Bloque acusa ao goberno municipal de ordenar a impresión de 100 axendas 2012 cun importe próximo aos 2000 euros, cando dito gasto tiña un informe contrario da Intervención do Concello. O mesmo, segundo o BNG, fundamentase por "non haber dispoñibilidade orzamentaria para facelo." Os nacionalistas adiantan que devolverán os cinco exemplares que foron entregados aos seus concelleiros, no entendido que trátase dun "gasto innecesario nestes tempos de crise e recortes".

 

Consultado o rexedor municipal, este lamentou a actitude dos nacionalistas de facer "unha montaña" de actividades que como a impresión e entrega de axendas é tradicional na administración gondomareña. Por outra parte, matizou que non lle constaba que a intervención fixera reparo algún, así como que non se trataba de 100 se non de 200 os exemplares editados cun orzamento de 2000 euros.