Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais desminten os feitos referidos á estructura do Belén viviente en Gondomar

A presidenta da Asociación de Mulleres Rurais desminten os feitos referidos á estructura do Belén viviente en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

A Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar rexeitou as acusacións verquidas onte por unha veciña do municipio nunha carta ao director, onde acusaba ao colectivo e ao Concello de non retirar uns cartaces onde aparecía unha imaxe que consideraba "denigrante para as mulleres" polo seu contido e caracter de "obxeto-sexual".

Yolanda Santos, presidente da asociación, manifestou que esas imaxes pertencían á propia atracción de feira cedida desinteresadamente por un veciño de Gondomar, e que foron tapadas ante a imposibilidade de retiralas, xa que eran unhas planchas de metal que forman parte da propia estructura

A presidenta manifestou onte á redacción valminor.info que  as acusacións de Belén Fernández Lareo e as súas fotos só teñen unha intención que é a de "facer dano" á asociación, e denuncia que os autores das fotos "tiveron a ousadía de subir ao esceario para apartar o millo que as estaba cubrindo" e sacar así as polémicas imaxes, en referencia a  esta imaxe e oas comentarios dalguns testigos no momento da súa toma.

Os feitos remóntanse ao mes de decembro de 2011 cando á Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar lle ceden un esceario móvil para realizar un Belén Vivinte na praza do concello de Gondomar. O citado esceario foi colocado na praza pública o sábado 10 de decembro e o seguinte luns comezaron as labores de decoración do mesmo. Segundo manifestou a Yolanda Santos, este esceario foi deixado polo propietario na praza do Concello sen que a asociación tomara contacto con el ata o luns. Unha vez inspecionado o esceario e ao ver os carteis que contiña no fondo, Yolanda Santaos manifesta que tentaron de retiralos sen éxito, xa que os carteis eran de metal e estaban incrustados no propio esceario. A asociación decidiu entón tapalos coa ornamentación propia do Belén Vivinte, xa que entendían que esas imaxes non se correspondían cos principios que sustenta a Asociación de Mulleres Rurais.

Santos quixo puntalizar e aclarar varios puntos referidos á denuncia de Belén Fernández. A presidenta aclarou que o Concello de Gondomar non ten nada que ver na organización de este acto salvo o permiso para realizalo na praza. Así mesmo puntualizou que a estructura, cedida desinteresadamente por un feirante da zona, é unha estructura fixa e non con materiales reciclados polo que non era posible a súa manipulación e que incluían os citados carteis incrustrados na propia decoración da atracción de feira e non podían ser retiradas sen danar a estructura da atracción.

Valminor.info achegouse o luns e o mércores ata o esceario onde se realiza o Belén viviente, e comprobou que os polémicos carteis están totalmente tapados pola follaxe de millo que adorna o esceario, e non se aprecian dende ningún punto.

A presidenta da asociación de Mulleres Rurais manifestou que a asociación que preside rexieta de xeito taxante calquer acto denigrante ás mulleres . "La asociación está en contra de cualquier acto denigrante hacia la mujer y asi lo demostramos en nuestro hacer cotidiano y en momentos puntuales como el día contra la violencia de género en la concentración silenciosa en la puerta del Ayuntamiento". 

Yolanda Santos suliñou o avance da asociación nestes último ano, que pasou de 50 socias a 200 na actualidade. "tan mal no lo debemos estar haciendo cuando hemos crecido tanto en sólo un año, al mismo tiempo que recibimos las felicitaciones de mucha gente y colectivos que alaban nuestro trabajo". Santos manifestou o compromiso da asociación na organización de actos e traballos a prol da comunidade así como a axuda que están prestando a moitas familias en situación de pobreza no concello.

O belén viviente poderá verse hoxe por última vez na praza do concello co gallo da cabalgata dos reis magos.

Reciclaxe de entroido.

A asociación ten programada, en colaboración coa Concellalía de Cultura, uns tralleres gratuítos de reciclaxe co obxetivo de reciclar en familia e preparar xuntos os adornos de carnaval para as rúas de Gondomar. Algúns deses adornos adiantou que serán figuras como peces, medusas, estrelas, .... e ironizou que si alguén se podía sentir ofendido por eses adornos " le agradeceríamos que se quedara al margen de dicha actividad".