Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Posta en valor ou “arboricidio”? Tamén as árbores espertan polémica entre goberno e oposición en Gondomar.

Posta en valor ou “arboricidio”? Tamén as árbores espertan polémica entre goberno e oposición en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
parque-da-feira

Mentres os operarios rematan as podas e acondicionamento do Parque da Feira en Gondomar, os métodos empregados na tarefa ingresan á area política. O BNG cuestiona a poda "homoxénea e sen distinción das clases arbóreas" coa que presuntamente o Concello decidiu acometer a obra. A denuncia súmase á xa feita polo PSOE en ocasión da mesma intervención desenvolvida no Parque da Coelleria, a Praza da Paradela e nalgunhas das rúas céntricas da vila. Pola súa banda, os técnicos da empresa privada encargada da actividade defenden a devandita actuación no senso de que a mesma permitirá salvar ás árbores da acción negativa de pragas e outras afeccións.

 

Segundo a versión dos nacionalistas, esas árbores "aparentemente estaban sans e o seu porte era bastante alto e naturalizado pois probablemente nunca foran podadas." De feito, as mesmas foron plantadas co fin de dar sombra á antiga feira gandeira de Gondomar que existiu na zona. Hoxe, o parque conta con instalacións infantís e mobiliario que permiten o lecer dos veciños da zona, así como lugar de encontro de estudantes e xente nova do municipio.

"O feito de seren altas non xustifica a tala indiscriminada e agresiva que está a realizar o Concello", sinalan dende o BNG. Agregan que agora "cortándoas pola metade, ademais da fealdade que vai constituír a visións dun bosque mutilado, sen dúbida vai debilitar as árbores permitindo a entrada de couza e fungos polas partes cortadas por moi tratadas que poidan estar (que non é o caso), secando moitas delas. Non van dar sombra ata bastante tempo, característica dese parque e deixarán sen hábitat aos seres vivos que habitualmente o ocupan, os paxaros marcharán para outro sitio."

A xuízo dos técnicos en realidade os plátanos e acacias que compoñen a maioría do parque, non gozaban de tan boa saúde. Salientan que sobre todo as acacias, presentan importantes problemas pola colonización de distintas pragas, que agora serán combatidas coa poda e un posterior tratamento dos exemplares. En canto a súa función orixinal "dar sombra á zona", informaron que estas especies permiten afirmar que para o próximo verán os cortes xa estarán florecidos e dando cuberto ao lugar. Tamén matizan que os traballos non foron de "tala" senón tan só de poda.

A polémica será plantexada no próximo pleno da corporación municipal que vai desenvolver o vindeiro 27 de decembro.