O BNG presentará no pleno deste xoves dúas iniciativas de carácter social a prol de afondar a implicación do Concello de Gondomar en materia de políticas socias. Nese senso, o concelleiro Emilio García Crego formulará unha moción solicitando un acordo para dirixirse á Consellería de Traballo e Benestar para manifestar o interese do municipio en considerarse partícipe e beneficiario do proxecto "Envellecemento+Activo". Na mesma iniciativa, o edil solicitará á Consellería de Facenda da Xunta de Galicia para que se incremente a dotación orzamentaria para 2012 destinada á cobertura de servizos sociais administrados polos Concellos Galegos.
Gondomar
O BNG presenta dúas iniciativas co fin da afondar o compromiso en políticas sociais do Concello de Gondomar.
Gondomar estuda solicitar un informe de impacto ambiental polo parque eólico na Serra do Galiñeiro.
O Concello de Gondomar recibiu o documento de inicio do proxecto sectorial do polígono eólico que enviara a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ás administracións locais, como parte da tramitación da concesión. Nesa achega, Medio Ambiente interroga á administración local sobre a necesidade de elaborar un informe de impacto ambiental, nomeadamente sobre a parroquia de Vincios, no caso de Gondomar, co fin de ampliar a información sobre os efectos do proxecto na zona. A devandita consulta atópase a estudo do arquitecto municipal e de momento, o rexedor Fernando Guitián non quixo adiantar a decisión do seu goberno ata obter a opinión do técnico.
Presentan un vídeo cunha simulación do impacto do parque eólico na Serra do Galiñeiro.
Os trece aeroxeradores proxectados para a Serra do Galiñeiro na última adxudicación de parques eólicos efectuada pola Xunta de Galicia cambiarán de xeito radical a fisionomía e a paisaxe do mítico monte. Así o demostra unha simulación das instalacións feita por membros da plataforma de cidadáns e asociacións que loita por evitar a súa instalación. A través dun vídeo, e seguindo os datos contidos na oferta presentada por TERRA DO VENTO S.R.L., adxudicataria do polígono eólico, a Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro, denuncia o grave impacto que sobre a riqueza patrimonial deste enclave terá a obra.
O BNG pedirá explicacións ao Concello pola retirada das quendas de autobús de Melytour.
Os veciños das parroquias de Couso, Peitieiros, Chaín e Morgadáns se ven afectados dende hai semanas polo retiro de tres quendas do servizo de autobús que os comunica coa vila de Gondomar e Vigo. A empresa Melytour , concesionaria das liñas suprimiu as saídas de Vigo ás 10hs e ás 13hs, e a saída dende Couso ás 15hs que pasan polas devanditas parroquias por ser deficitarias. A pesar que o pleno de Gondomar mandatou á alcaldía para que esixise o inmediato reintegro das devanditas quendas, no pasada reunión de novembro, aínda non foron repostas. O concelleiro Antonio Araúxo (BNG) expresou esta mañá que “ademais de apoiar as xustas reclamacións dos veciños, anunciamos que que lle pediremos explicación ao alcalde no vindeiro Pleno de decembro, así como á propia Xunta a través dunha iniciativa no Parlamento Galego”.
A Biblioteca de Gondomar recibe unha doazón de máis de 60 libros da Fundación Barrié.
A biblioteca municipal de Gondomar recibiu a doazón de máis de 60 libros editados pola Fundación Barrié para incorpora-los aos seus fondos de consulta en sala.
O Concello de Gondomar convoca aos veciños a unha concentración contra a violencia cara ás mulleres.
O Concello de Gondomar conmemorará o Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres cunha concentración e a posta en escena dunha obra teatral o vindeiro venres 25 de novembro. Pola mañá, a alcaldía convoca aos veciños a achegarse á Casa Consistorial ás 12 horas para participar dunha concentración en solidariedade coas vítimas e o seu rexeitamento á violencia. No acto, o alcalde Fernando Guitián lerá un manifesto en contra da violencia de xénero e posteriormente faranse dous minutos de silencio en protesta.
Gondomar despois do 20-N: PP 53,84%, PSOE 24,23%, BNG 12,25%, EU-V 5,19%, UPyD 1,30%.
Ás 0:39 horas deste luns 21 de novembro pechou o escrutinio dos votos emitidos no Concello de Gondomar. O Partido Popular matívose como a opción maioritaria neste municipio,esta vez, cunha afastada diferenza do resto dos partidos, ao obter o 53, 84% das vontades electorais. A participación cidadá alcanzou o 74,10% do padrón (8.742 votantes), e máisde 3000 electores decidiron non concurrir ás urnas. Once partidos políticos recibiron votos dos cidadáns de Gondomar na xornada electoral do 20-N.
O BNG celebrará este venres 11 o seu acto de campaña no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.
O vindeiro venres 11, ás 20:30hs, o BNG fará o seu acto principal de campaña en Gondomar no Auditorio Municipal Lois Tobío. No mitin falarán o concelleiro local Xosé Antonio Araúxo, a deputada no Parlamento Galego, Carme Adan, e Sandra Gonzáles, segunda na candidatura de Pontevedra e actual alcaldesa de Tomiño. Os nacionalistas convocan aos cidadáns a apoiar as súas candidaturas nas votacións do 20-N porque aseguran que "Galiza vai precisar máis que nunca ter voz propia en Madrid".
Desculpa pública do concelleiro do BNG Xosé Antonio Araúxo Quintas.
A petición de parte, publicamos textualmente unha desculpa pública do concelleiro do BNG Gondomar,Xosé Antonio Araúxo Quintas:
Cando alguén se equivoca e sen querer prexudica a terceiras persoas, o mínimo e pedir desculpas públicas e persoais. Iso mesmo é o que quero facer aquí e agora dende Valminor.Info.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL