Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O Concello de Gondomar convoca aos veciños a unha concentración contra a violencia cara ás mulleres.

O Concello de Gondomar convoca aos veciños a unha concentración contra a violencia cara ás mulleres.

Correo-e Imprimir PDF
25-noviembre

O Concello de Gondomar conmemorará o Día Internacional contra a Violencia cara ás Mulleres cunha concentración e a posta en escena dunha obra teatral o vindeiro venres 25 de novembro. Pola mañá, a alcaldía convoca aos veciños a achegarse á Casa Consistorial ás 12 horas para participar dunha concentración en solidariedade coas vítimas e o seu rexeitamento á violencia. No acto, o alcalde Fernando Guitián lerá un manifesto en contra da violencia de xénero e posteriormente faranse dous minutos de silencio en protesta.

 

O Concello convida tamén a todas aquelas persoas que non poidan concorrer, a acompañar a homenaxe, facendo os dous minutos de silencio dende os seus lugares de traballo a mesma hora.

Ás 21.30 horas, no Auditorio Municipal Lois Tobío , e como parte da conmemoración, Pinguela teatro presentará "Razóns de Peso" , de Clara Gayo. A obra relata un momento determinante na vida de dúas mulleres, onde se conta a historia de dúas maneiras de vivir e un padecemento común. Son dúas mulleres que traballan xuntas dende hai anos pero apenas se coñecen e sempre se miraron a través dos prexuízos, pero de súpeto acontece algo ... A entrada será totalmente gratuíta.

O 25 de novembro foi declarado o Día Internacional contra a Violencia cara as Mulleres quedando como definición de violencia: "Todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña o poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as amezas de tales actos, a coacción ou a privación da liberdade, tanto si se produce na vida pública como na vida privada".