Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Desculpa pública do concelleiro do BNG Xosé Antonio Araúxo Quintas.

Desculpa pública do concelleiro do BNG Xosé Antonio Araúxo Quintas.

Correo-e Imprimir PDF
arauxo alcalde_bng_gondomar

 

A petición de parte, publicamos textualmente unha desculpa pública do concelleiro do BNG Gondomar,Xosé  Antonio Araúxo Quintas:

Cando alguén se equivoca e sen querer  prexudica a terceiras persoas, o mínimo e pedir desculpas públicas e persoais. Iso mesmo é o que quero facer aquí e agora dende Valminor.Info.

Na nota de prensa da CHOURIZADA onde denunciaba sen coñecemento a participación  no evento  dunha "orquestra amiga do PP", iso si, sen citar o nome da mesma, quero manifestar PUBLICAMENTE que a devandita orquestra hai tempo que deixou de ser propiedade do coñecido militante do PP de Vincios, polo que a súa relación coa festa do día 19-N é exclusivamente profesional.  Queden pois recollidas  as miñas desculpas públicas polo erro cometido.

Xosé Antonio Araúxo Quintas.