Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O alcalde de Gondomar insta a retirar as pancartas cos logos municipais á Comisión de Festas de Vincios.

O alcalde de Gondomar insta a retirar as pancartas cos logos municipais á Comisión de Festas de Vincios.

Correo-e Imprimir PDF
chourizada

 

O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián instou esta tarde  á Comisión de Festas de Vincios para que retire as pancartas da chourizada e magosto programada para o vindeiro 19 de novembro. O alcalde Guitián, acusou á comisión de veciños de facer uso dos emblemas municipais sen autorización e advertiulles  das responsabilidades que puidesen derivarse en caso de incumprimento. A media foi tomada logo de que o BNG denunciara que o devandito acto, onde participaban connotados militantes do PP local, tiña carácter electoralista e coincidía co último día de reflexión antes das eleccións xerais do vindeiro domingo.

A través dun comunicado, Fernando Guitián expresou que desexaba facer constar que "ni él mismo ni la concejalía de cultura del gobierno de Gondomar, han autorizado la colocación de dicha pancarta con el emblema del concello anunciando la organización de un acto" . O rexedor salientou que " ni participan ni patrocinan, como Alcalde, y mucho menos como presidente del Partido Popular de Gondomar"  o devandito evento.

No escrito, Guitián esixe que non se volva  utilizar o nome e  emblema do Concello nin de ningunha concellería "sin autorización expresa y escrita del propio alcalde o de las personas o departamentos que desde alcaldía se designe."