Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG acusa ao goberno de Gondomar de patrocinar unha chourizada con intencións electoralistas.

O BNG acusa ao goberno de Gondomar de patrocinar unha chourizada con intencións electoralistas.

Correo-e Imprimir PDF
chourizada

O BNG acusa ao Concello de Gondomar de patrocinar una chourizada con intencións electorais, 24 horas antes das eleccións xerais. O evento denunciado terá lugar o vindeiro 19 de novembro no torreiro de festas de Vincios e nos carteis de información figura o logo do Concello e mais o da Concellería de Cultura do municipio. O concelleiro Antonio Araúxo (BNG) agrega que o acto contará cunha orquestra propiedade dun destacado activista do PP da parroquia de Vincios. Os nacionalistas anuncian que porán o feito en coñecemento da Xunta Electoral de Zona e pedirán contas no vindeiro pleno da corporación.

Para o BNG, ademais do feito de buscaren a xornada de reflexión para facer un acto que consideran partidario, salientan a "gravidade deste tipo de actuacións", xa que "hai dous meses o Goberno Municipal do PP negouse a ampliar as becas de comedor (deixando fóra das mesmas a mais de 50 nen@s) coa desculpa da falla de recursos e co argumento de que temos que apertar todos o cinto." Os nacionalistas preguntan "En que quedamos, hai cartos ou non hao cartos?, ou só hai cartos para o que lle interesa ao PP?."

Mediante un comunicado, o Bloque de Gondomar expresa que "O que maio foi unha churrascada de balde pagada polo PP", en alusión ao acto central de campaña das muncipais, "agora é unha chourizada polo Concello de Gondomar pero coas mesmas intencións electoralistas e partidarias. Un chourizo un voto!!"

De todo isto o BNG vai pedir explicacións, facturas, e gastos, etc, no vindeiro pleno ordinario de decembro, "para que estas cousas non volvan a ocorrer, e menos cando aos cidadáns dende o Goberno Municipal se nos pide austeridade e apertar o cinto".

 Pola súa banda o concellal de Cultura, Ignacio Troncoso, negou en declaracións oa Faro de Vigo, que o seu departamento estea detrás da organización do magosto si non que a iniciativa parte da propia comisión de festas da parroquia. Troncoso manifestou no mesmo medio "que se excederon" ao incluir o logotipo da concellería de cultura dando a entender que era un acto organizado polo propio consistorio.