Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O BNG celebrará este venres 11 o seu acto de campaña no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

O BNG celebrará este venres 11 o seu acto de campaña no Auditorio Lois Tobío de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
adan-sandra-arauxo

O vindeiro venres 11, ás 20:30hs, o BNG fará o seu acto principal de campaña en Gondomar no Auditorio Municipal Lois Tobío. No mitin falarán o concelleiro local Xosé Antonio Araúxo, a deputada no Parlamento Galego, Carme Adan, e Sandra Gonzáles, segunda na candidatura de Pontevedra e actual alcaldesa de Tomiño. Os nacionalistas convocan aos cidadáns a apoiar as súas candidaturas nas votacións do 20-N porque aseguran que "Galiza vai precisar máis que nunca ter voz propia en Madrid".

 

O concelleiro Araúxo afirmou que aínda fallan 12 días para as eleccións e "non está nada decidido". O ex rexedor de Gondomar opinou que trátase dun "simple principio democrático: porque quen decide son os cidadáns e as cidadás co seu voto o día 20". Tamén rexeitou a política dos "grandes partidos" que xa dan por feitos " resultados que aínda están por ver".

En opinión dos nacionalistas o 20-N trátase dunha contenda "desigual, e polo tanto inxusta", polo que afirman que o bipartidismo "nin nos fará calar e moito menos quedármonos parados ou na casa". Fundamentan que Galiza vai precisar "máis que nunca ter voz propia en Madrid, pois veñen tempos duros; de recortes en dereitos e conquistas sociais, nas prestacións ou, poida que nas liberdades rebaixando aínda máis a escasa calidade democrática que temos". En especial o Bloque entende que o " proceso recentralización está an marcha, e nisto como no recortes, os "grandes" tamén están de acordo".

Nesta campaña electoral que o BNG afronta baixo o lema "A alternativa que te defende", Araúxo convoca á conseguir unha "mobilización importante das consciencias e do voto. O 20-N toca encher as urnas cos votos da indignación pero, tamén e sobre todo, cos votos da esperanza daqueles que cremos que outro mundo e outra maneira de facer política é posible".