Martes, 6 Maio. 2025

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion Gondomar

Gondomar

Varios focos intencionados de lume arderon dende a madrugada en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Varios focos de lume intensionado atópanse controlados no concello de Gondomar. Diseminados polos montes veciñais de Vincios, Chaín, Gondomar, Mañufe e Donas, o servizo do GRUMIR foi alertado dos mesmos sobre as catro da madrugada. O equipo de emerxencias da bisbarra só contaba cun operario en garda domiciliaria, o que debeu asistir acompañado dun membro de Protección Civil. Aínda sen reporte oficial, os axentes informaron que non se coñecen vítimas e aínda que varios dos focos atopábanse perto de vivendas, tampouco hai demomento informe de danos. Os efectivos salientaron que o lume afectou varias hectareas dos montes veciñais, mais non souberon precisar a cantidade. Equipos de bombeiros e cadrillas de axentes forestais manteñen o rego das zonas afectadas ante os informes meteorolóxicos de incremento das temperaturas para esta tarde.

Para o BNG o goberno de Guitián aínda non amosa diferenzas co anterior ao cumprir 100 días de goberno.

Correo-e Imprimir PDF
Os 100 primeiros días do rexedor Fernando Gutián, non amosan cambios co do anterior mandato para o BNG.

O BNG provoca un pleno extraordinario para tratar o PXOM en outubro e cualifica de faltos de sensibilidade social os 100 primeiros días do goberno de Fernando Guitián. Os nacionalistas entenden que o actual goberno muncipal cun terzo dos seus membros identificados co anteriror mandato, aínda non amosou elementos diferenciadores coa anterior xestión muncipal. Nese sentido denuncia que se seguen perdendo subvencións e pagando facturas con reparos da intervención municipal. Como xa o fixeran no útlimo pleno da corporación, denunciaron en rolda de prensa, a situación da policía local que ten que cumprir as súas tarefas nun vehículo camuflado, fóra do ordenamento legal á vez que acusan que as axudas escolares concedidas a 57 familias das 140 que se presentaran á convocatoria, foron realizadas a través dun sistema de puntuación onde segundo consta na acta de resolución “non queda xustificado a puntuación obtida por cada candidato”.

Acomisión informativa dos asuntos do pleno será a encargada de vixiar a tramitación do PXOM de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
A comisión de portavoces que atende os asuntos do pleno será a encargada de facer un seguimento da tramitación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal de Gondomar. Así o decidiu unilaterlamente o rexedor Fernando Guitián, logo que non se acadara un acordo entre as agrupación municipais na formación dunha comisión específica, logo do pleno de setembro. O alcalde entende que o tema é prioritario e así o comunicou no pleno da corporación do pasado xoves. Pola súa banda, a oposición pediu “información e transparencia” no caso do BNG, e a inclusión da Entidade Local Menor de Morgadáns nas xuntanzas por parte do PSOE.

A policía local de Gondomar leva 3 meses traballando nun coche que non cumpre coa normativa vixente.

Correo-e Imprimir PDF
O concelleiro do BNG Pauliño del Río denunciou irregularidades na contratación do aluguer dun cohe para a policía local.

A policía local de Gondomar debe desprazarse nun coche branco sin identificación algunha dende hai case 3 meses. A patrulla “oficial” leva o mesmo tempo sen funcionar. Os funcionarios municipais atópanse traballando nunha situación de ilegalidade denunciou o concelleiro Pauliño del Río (BNG), durante o pleno municipal celebrado o pasado xoves. Unha normativa de decembro de 2010 prohibe terminantemente tal situación, nembargante problemas na convocatoria no aluguer dun remplazo, mantén aos policías municipais cumprindo funcións nesa situación.

O bipartito PP-CDL mandou á oposición a xestionar unha marquesiña para os veciños de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Patricia Durán, portavoz do PP durante o pleno do pasado xoves 6 de outubro.

O grupo municipal do PSOE Gondomar solicitou a colocación dunha marquesiña na parada da autobuses situada a carón da praza de abastos da Ramallosa, no pleno da corporación. O fixo a través dunha moción na que solicitaba ao goberno do popular Fernando Guitián que iniciase os trámites correspondentes ante a Delegación de Transportes de Pontevedra da Xunta de Galicia, por estar esta sobre a carreteira Ramallosa – Gondomar (PO 400). Situada en territorio do municipio de Nigrán, debíase tamén entablar xestións coa devandita administración local, gobernada polo popular Alberto Valverde. A portavoz da agrupación de goberno Patricia Durán compartiu a necesidade de contemplar a iniciativa, pero sorpresa, negouse a que o goberno fixera as xestións: “Pidao ao seu grupo en Nigrán” espetoulle a Francisco Ferreria, asinante da moción.

O pleno de Gondomar debaterá a situación do ensino no municipio a iniciativa dos socialistas.

Correo-e Imprimir PDF

-A agrupación local do PSOE rexistrou tres mocións de cara ao pleno de outubro, preocupados por diversas problemáticas detectadas nos centros de ensino de Gondomar.

-Os socialistas reclaman a restitución do profesorado suprimido nos centros do concello por mor das reformas da Xunta.

-Reclámase á Consellaría de Educación que asuma de forma directa a xestións dos comedores escolares.

Garda sindical ás portas de Islas Industries no polígono A Pasaxe para evitar desmantelación da empresa.

Correo-e Imprimir PDF

2011_09_29PecheIslasIndustries1.previewOs traballadores de Islas Industries abandonan o peche na empresa unha vez que a compañía se acolleu á lei concursal

O cadro de persoal da firma con sede en Gondomar continúa facendo garda á porta das instalacións para evitar a retirada de material

O debate da reforma da Constitución española chega a Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
Olaia Fernández Davila e Antonio Araúxo expoñerán a postura contraria do BNG á reforma constitucional.

O vindeiro luns 26 de setembro a Casa da Cultura de Gondomar acollerá un acto público convocado polo Bloque Nacionalista Galego, onde se expoñerá a postura desta corrente política sobre a proposta de reforma da Constitución do Estado Español. Nesa instancia a deputada polo BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, xunto co portavoz local Antonio Araúxo intervirán achegando a súa opinión sobre o establecemento do concepto de "estabilidad presupuestaria" que os reformistas intentan introducir no artigo 135 da norma. O acto dará comezo ás 20:30 horas.

O uso do chaleco reflactante por peóns e ciclistas será o obxectivo da campaña "Faite Ver" en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

faite-verEscolares, estudantes de instituto, ciclistas e peóns serán o obxectivo dunha campaña a prol da utilización de chalecos reflactantes nas carreteiras por parte do Concello de Gondomar. A iniciativa "Faite Ver", organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Gondomar e mais a Policía Local do municipio, quere sensibilizar á poboación da necesidade de portar como viandantes este elemento de seguridade. Os promotores aseguran que moitos dos accidentes se que se producen nas carreteiras en condicións de escasa visibilidade, no lusco fusco, a noite, xornadas de choiva, poderían evitarse de tomarse a devandita precaución, facilitando a visión dos condutores de vehículos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL