Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Varios focos intencionados de lume arderon dende a madrugada en Gondomar.

Varios focos intencionados de lume arderon dende a madrugada en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Varios focos de lume intensionado atópanse controlados no concello de Gondomar. Diseminados polos montes veciñais de Vincios, Chaín, Gondomar, Mañufe e Donas, o servizo do GRUMIR foi alertado dos mesmos sobre as catro da madrugada. O equipo de emerxencias da bisbarra só contaba cun operario en garda domiciliaria, o que debeu asistir acompañado dun membro de Protección Civil. Aínda sen reporte oficial, os axentes informaron que non se coñecen vítimas e aínda que varios dos focos atopábanse perto de vivendas, tampouco hai demomento informe de danos. Os efectivos salientaron que o lume afectou varias hectareas dos montes veciñais, mais non souberon precisar a cantidade. Equipos de bombeiros e cadrillas de axentes forestais manteñen o rego das zonas afectadas ante os informes meteorolóxicos de incremento das temperaturas para esta tarde.

Para o combate do lume, ademais do axente do GRUMIR Val Miñor e da Protección Civil, traballaron tres camións de bombeiros, axentes forestais, maquinaria das comunidades de montes locais, e un helicóptero unha vez o permitiuno a luz do día. As columnas de fume avanzaron sobre boa parte do Val Miñor ao longo da mañá, e aínda poden se mirar dende varios puntos da comarca.