Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar O lume en Malvas arrasa 20 hectáreas entre Gondomar e Tui.

O lume en Malvas arrasa 20 hectáreas entre Gondomar e Tui.

Correo-e Imprimir PDF
malva tui

-Ás 22:11 horas a Xunta dá por controlado o incendio que afectou 20 ha entre Gondomar e Tui, principalmente na parroquia de Malvas.
O intenso lume que comezou a primeiras horas desta tarde entre os límites de Gondomar e Tui e que ameazou o parque natural do Monte Aloia afectou 20 hectáreas segundo as primeiras estimacións da Xunta de Galicia.

O incendio iniciouse entre as parroquias de Peitieiros, Couso e Malvas, nunha das pistas forestais que conecta Gondomar co Monte Aloia e avivouse debido ao vento que había no lugar. Na súa extinción traballaron 6 axentes forestais, 15 brigadas, 9 motobombas, 2 palas, 9 helicópteros e 10 avións, segundo a Xunta de Galicia.

Actualización . O Ministerio de Agricultura sinala no lume de Gondomar 5 Avións Anfibios de 5.500 litros das bases de Labacolla en A Coruña e Torrejón en Madrid, 2 Avións de Carga en Tierra de 3.100 litros procedentes da base de Xinzo de Limia en Antela, 1 Avión de Comunicacións e Observación de Matacán en Salamanca, 1 Brigada de Refuerzo en Incendios Forestais con 2 helicópteros de 1.500 litros da base de Tineo en Asturias e media Brigada con 1 helicóptero da base de Laza en Ourense, ademais de 1 Unidad Móvil de meteoroloxía e transmisións de Ourense .