Luns, 29 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Mentres os bombeiros apagan Mañufe, brigadas e medios aéreos combaten outro lume iniciado en Donas.

Mentres os bombeiros apagan Mañufe, brigadas e medios aéreos combaten outro lume iniciado en Donas.

Correo-e Imprimir PDF
donas

Actualización: Medio Rural da por extinguido o lume en Donas dende as 17 horas. Aínda non hai información sobre a superficie de monte afectada.

Un axente, tres brigadas, unha motobomba e medios aéreos están a combater un lume iniciado ás 14:19 horas na parroquia de Donas (Gondomar), segundo reporta Medio Rural. O lume ten lugar novamente na zona da Costa do Chosco, nos barrios de A Barcalla e O Mosteiro en Santa Baia de Donas. O lume tivo inicio case ao mesmo tempo que as brigadas que traballaban na veciña parroquia de Mañufe lograban controlar o incendio desatado media hora antes.